Ante as medidas restrictivas, efectos da tiranía: a usura

Los mercados compiten como bestias depredadoras.
Los mercados compiten como bestias depredadoras.
O diñeiro ten creado unha cultura de adoración que xa suplantou á fe.
Ante as medidas restrictivas, efectos da tiranía: a usura

O desexo de posesión, en primeiro grao, é a alimentación. Por mor do alimento, o home mata; cando está satisfeito, goza. Así, o seguinte paso da usura é o pracer carnal. No instinto de autoconservación, o home desexa unha casa e un soldo, actuando con violencia en pos de preservalos.

Así, téñense vencellado o amor e o traballo na nosa cultura, de xeito que a parella vela pola autoconservación e o alivio dos seus desexos.

O diñeiro ten creado unha cultura de adoración que xa suplantou á fe. Por outra banda, o benestar fai magnificarse a violencia, que se exerce con pracer, xa que, cos estómagos cheos e todas as necesidades satisfeitas, o amor excédese en forma de sexo e a depredación reprímese, agromando para se aliviar.

Os filósofos, que facían política, propoñíanse a meta da felicidade. Hoxendía, a Filosofía e o pensamento están a ser perseguidos (xa que a educación outorga autonomía ao pobo), e os nosos políticos só negocian diñeiro (mentres que os votantes debaten a economía).

Agora, a usura (o lucro) é a nosa cultura, unha vez que suprimiron as tendencias naturais: agora, a tendencia do cidadán é enriquecerse. @mundiario
    
  

Comentarios