A maioría dos barcos galegos no Gran Sol faean en Irlanda, que segue a ser parte da UE

Feliz 2021. / FrAn LaREo
Feliz 2021. / FrAn LaREo

Logo de nove meses de negociacións, a Unión Europea contempla como o Reino Unido deixa de ser un Estado membro malia poder comerciar e mesmo cooperar cos 27 socios comunitarios. Que futuro espera a xa mínima frota galega?. O tempo vai dicilo.

A maioría dos barcos galegos no Gran Sol faean en Irlanda, que segue a ser parte da UE

Por 521 votos favorables e 73 en contra, a Cámara dos Comúns aprobou o acordo de libre comercio e cooperación acadado a pasada semana entre a UE e o Reino Unido. O acordo sustentará a relación entre ambas as partes a partires deste 1 de xaneiro de 2021, unha realidade que aporta cór a un Brexit máis ou menos descafeinado.

O proxecto de lei do pacto comercial aínda debe pasar pola Cámara alta ou Cámara dos Lores (cuxa aprobación tamén se da como segura) antes de que a raíña Isabel II asine a ratificación do mesmo. Para ambas as partes o mercado único e os seus vencellos comerciais cos 27 Estados membros obrigan a modificacións de reparto no seo da Unión, mentras que para os británicos rematarán todas as conexións a partir das 23,00 horas do venres, 31 de decembro, media noite xa na Unión Europea.

Datos clave da pesca

A 31 de decembro de 2019 o número de barcos de pesca de España era de 8.884, deles 4.357 galegos.  78 barcos españois pescan en augas do Reino Unido: 61 galegos, 18 bascos e 1 cántabro. Dos galegos, 25 barcos pertencen a asociación ANASOL, de Vigo; 23 ao porto de Celeiro; 11 a ARPESCO, da Coruña e 2 á OPP Lugo (Burela). A produción total da pesca extractiva foi en 2019 de 887.212 toneladas, cun valor en primeira venda de 1.767 millóns de euros.

A maioría dos barcos galegos que pescan no Gran Sol desenvolven a súa actividade en augas de Irlanda, que segue a ser un Estado membro da UE. En 1985, a frota española contaba con 106 unidades pesqueiras que capturaron 7.900 toneladas de peixe, na súa maioría pescada. Foi o que se aprobou en 1986. Xa con España na CEE a frota española foi de 300 barcos e 150 de presencia simultánea. Nos primeiros tres anos pescaron 18.000 toneladas a tanto alzado de pescada. Que futuro espera a xa mínima frota galega?. O tempo vai dicilo.

O paso da CEE

Garantida unha cota do 30% do Total Admisible de Capturas (TAC) nas augas dos outros países da daquela Comunidade Económica Europea (CEE), España daba en 1986 un paso decisivo que xa Franco quixera dar antes sen poder acadalo: formar parte do club europeo no que o Reino Unido sentaba cátedra como se fora un dos seis países asinantes do Tratado de Roma de 1957: Bélxica, Alemaña, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Non figurar entre estes asinantes do Tratado polo que se creaba a que hoxe é Unión Europea, non impediu a Londres exercer todo o seu poder para poñer atrancos ó acceso de España á CEE, específicamente en materia pesqueira, un dos motivos que agora, co brexit, cobra nova actualidade polo que afecta a España e particularmente a Galicia pola aplicación do novo acordo de libre comercio e cooperación. 

Repasando os acontecementos que se viviron con inquedanza en España polas novas que chegaban das negociacións e o papel que a pesca desempeñaba tanto polo reparto de cotas como pola cerrazón a que se outorgase á frota española idéntica capacidade de acceso a todos os caladoiros nos que faenaban os barcos comunitarios, o visto e prace chegou en 1986, partindo das 7.900 toneladas que España  puido pescar en 1985. No ano 2019, e como consecuencia do negociado e reflectido no Tratado de Adhesión e a mellora dos caladoiros,  fóille autorizada a pesca de  39.549 toneladas. É dicir: cinco veces máis que en 1985, un ano antes de que se consumara a adhesión de España á hoxe Comisión Europea. Para ben ou para mal?. Que pode quedar desas máis de 39.000 toneladas en xuño de 2026, cando se negocie entre as partes un novo acordo de pesca?

Posición do Goberno 

Segundo o ministro de Agricultura e Pesca español, a repercusión será, daquela, dunha rebaixa máxima do 1%, cousa que moi poucos no sector pesqueiro galego consideran posible. Un armador asturiano foi ben explícito: "Antes de 1986 traía diariamente toda a pescada que podía pescar. Todos os días do ano. Unha pescada en cada anzó e cada unha delas vendíase a unhas 300 pesetas (máis ou menos dous euros de hoxe). Nunca a miña lancha quedou amarrada porque non houbera cota. De pescarse hoxe o que pescabamos daquela, en 15 días a cota concedida a España estaría esgotada".

Para ben ou para mal está ese acceso, admitindo os atrancos postos para o mesmo por Estados socios como o Reino Unido que, xunto con Irlanda, mantivo sempre unha posición de rexeitamento á presencia nas que foran as súas augas xurisdiccionais de barcos de Galicia e o Cantábrico español. O Reino Unido comprobou que os armadores galegos compraban barcos de bandeira británica para soslaiar os atrancos que Londres poñía á frota de Galicia, a denominada gran armada española. @mundiario

Comentarios