Gobernos e empresas apenas están implicados no verdadeiro cambio climático

Central térmica de As Pontes. / Wikimedia Commons
Central térmica de As Pontes. / Wikimedia Commons
Algunhas empresas como as eléctricas ven unha gran oportunidade neste momento. Os beneficios  en inversións de enerxías alternativas son moi altos,  en renovables duplican os  beneficios que puideran obter co carbón e as eléctricas están decididas en deixar este e pechar as térmicas.
Gobernos e empresas apenas están implicados no verdadeiro cambio climático

En marcha xa a 25.ª Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP25), comprobamos que os países máis contaminantes parecen os menos interesados en perseguir logros. Os países  mais desenvolvidos son os máis contaminantes, os que pertencen ao grupo  G20  emiten máis do 80% do total de gases de efecto invernadoiro (GEI), e curiosamente varios países deste grupo aínda non ratificaron os Acordos de Paris nin se comprometeron con Plans Nacionais nin tan sequera asisten até agora a Madrid  COP25.  A UE-28  é o terceiro emisor mundial por detrás de China e Estados Unidos  pero a certa distancia deles. Os maiores  emisores son cinco países: China, Estados Unidos, India, Rusia e Xapón que  emiten máis da metade do total de GEI, pero China  representa o 25% do total. Dentro da UE son grandes emisores de GEI: Alemaña, Inglaterra , Franza, Italia e Polonia  e séguelles de cerca España.

Dende distintos ámbitos recoñecese que vamos demasiado lentos en tomar medidas si se quere frear os efectos do cambio climático, vexamos:

> O Ministro de Economía de Francia afirmou: “Non nos estamos movendo o suficientemente rápido", “estamos en risco de perder a batalla para reducir as emisións de dióxido de carbono". 

> A Axencia Europea do Medio Ambiente (AEMA) sostén que “certo cambio climático será inevitable” e afectará a todos os sectores económicos, ecosistemas e saúde humana.

> O Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático (máis coñecido polas súas siglas en inglés IPCC)  afirma que o cumprimento  dos compromisos de mitigación baixo o Acordo de París non é suficiente para limitar o quentamento global de 1,5ºC.

> O Parlamento Europeo adoptou o 28 de novembro de 2019  unha resolución na que declara unha “emerxencia climática e medioambiental” en Europa e a nivel global. Pide á Comisión Europea que garanta que todas as súas propostas lexislativas e protestatarias teñan en conta o obxectivo de limitar o quentamento global a un máximo de 1,5°C. Propón elevar os obxectivos actuais para reducir un 55% as emisións da UE para o 2030 fronte  40% proposto.

> A ONU urxe para que os países den un novo impulso aos Plans Nacionais contra o quecemento global.

Algunhas empresas como as eléctricas ven  unha gran oportunidade neste momento. Os beneficios  en inversións de enerxías alternativas son moi altos,  en renovables duplican os  beneficios que puideran obter co carbón e as eléctricas están decididas en deixar este e pechar as térmicas, por enriba de todo porque o carbón non ten recorrido (peche definitivo 2025 -2030 ?), mentres que a eólica ou solar terá un longo futuro. O Goberno tamén as contenta pois para dar resposta ao cese de actividade das centrais térmicas  aprobou o mes pasado un decreto que asegura as empresas de enerxía renovable con parques xa instalados dende o 2013 unha retribución anual do 7,4% ate o ano 2031, asegurando así que se retiren as demandas interpostas polas eléctricas neste tema. A maiores para o resto de empresas garantirase unha remuneración do 7,09% dende xaneiro do 2020 ate o 2025.

Pero non chega con actuar no sector eléctrico, si se quere chegar ao fondo da cuestión, precisan actuar en todos os sectores industriais e noutros moitos: transporte, vivenda, servizos...) e até agora os compromisos de eficiencia , aforro enerxético, redución da contaminación... son mínimos ou non existen e algúns sectores  parecen case intocables como o electrointensivo na industria, ou o transporte aéreo e outros sectores son ignorados intencionadamente como o transporte ferroviario (mercancías  sobre todo) ou o agrícola  no relacionado coa necesaria produción alimentaria de proximidade.

En Galicia  os grandes emisores de GEI  son  as centrais térmicas, a industria de alúmina e aluminio, ferroaliaxes, refinería, cemento e minería,  bioetanol, fabricas de taboleiros, fabrica de celulosa, centrais de ciclo combinado... De case 13.000  empresas industriais que dan emprego a  185.000 persoas, pouco máis de  medio centenar de empresas - dos sectores citados- emiten o  51-52% do total de GEI   e so dúas empresas eléctricas Endesa e Naturgy cunha central térmica de carbón cada unha (As Pontes e Meirama), contribúan no 2018  con mais do 33% das emisións totais por todas as fontes: industrias, transporte, fogares, servizos, agricultura...   Actualmente Galicia emite da orde do 9% do total de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) do Estado, cifra que se supera e chega ao 12% si so se consideran as empresas ou complexos no mercado de dereitos de emisións.

A Xunta de Galicia  representada pola Conselleira de Infraestruturas, segundo os medios de comunicación, presentouse en Madrid na COP25 como comunidade  pioneira ao blindar por lei  a garantía de abastecemento  de auga fronte a seca. Todo porque  xa aprobou  no Parlamento Galego unha “Lei da seca “ que entrará en vigor no 2020 e que pretende reducir o volume de fugas, extremadamente elevado na nosa comunidade. Recoñece que existen redes municipais que perden o 40% da auga  despois de gastar en potabilizala e afirma que  existen potabilizadoras incapaces de tratar a auga con garantías de calidade  cando o nivel dos embalses está por baixo do 40%. Ao mesmo tempo divulgase e podemos coñecer que o 58% das depuradoras xestionadas polos concellos teñen un funcionamento deficiente. Estes novos descubrimentos “crónicos” relacionado co tema auga descóbrense agora ao final dunha lexislatura. Pena que non o fixeran  fai tempo e que estivese solucionado sin necesidade dunha Lei e pena tamén que non levará a COP25 algo máis novedoso e substancioso con relacións as emisións que é o tema clave. Claro que  si o Goberno da Xunta oponse ao peche das térmicas de carbón contaminante. Que vamos a pedir? @mundiario

Comentarios