O BNG acadou un bó trato dende os medios limitados dos que dispuña

Ana Pontón. / TVG
Ana Pontón. / TVG

O acordo acadado do PSOE é bo, tendo en conta o limitado da achega soberanista galega. A dirección nacionalista xogou ben as súas cartas.

O BNG acadou un bó trato dende os medios limitados dos que dispuña

O voto do BNG será decisivo. O acordo acadado do PSOE é bo, tendo en conta o limitado da achega soberanista galega. A dirección nacionalista xogou ben as súas cartas. Agora cómpre vixiar ferreñamente o cumprimento que as sempre mudábeis esquerdas españolas fan do acordo.

Na mediodía do venres ficaban só por decidir dous votos, o do BNG e o da deputada canaria de CC.- Os outros 348 deputados estatais dividíanse  en 166  a prol e 164 en contra , canda as 18 abstencións de EH Bildu e ERC. Os votos negativos da canaria de CC (xa moi probábel entón) e do BNG abortarían a investidura. Mais Rego e Pontón aceleraron un acordo que fixo inútil o veto da CC e acadou un bó pacto sas esquerdas españolas a respecto da axenda galega.

Na cuestión do autogoberno a esquerda española cede a transferencia da AP-9, o  traspaso de todos os servizos correspondentes ás competencias públicas estatutarias (despois de 38 anos!!, velaí os museos, arquivos e bibliotecas, as bolsas de axuda ao estudo e a Inspección de Traballo xa acordadas  bilateralmente no seu día por Anxo Quintana a fins de 2008 e nunca executadas pola incompetencia de Feijóo) e, ademáis, e a  transferencia das competencias estatais reclamadas no seu día por acordo do Parlamento de Galicia. Esta cláusula obriga transferir  a xestión do tránsito rodado canda a súa Policía, o salvamento marítimo e a xestión hidrográfica da bacia Miño-Sil. O acordo complétase coa igualdade de trato competencial con Catalunya e Euskadi, o recoñecemento da plurinacionalidade do Estado e a recondución ao esquema bilateral da Comisión Mixta de Transferencias (CMT) a decisión sobre as competencias estatutarias ou actualmente estatais que haxan ser cedidas. CMT que haberá de se reunir  no primeiro trimestre de 2020.

No eido da política social e económica pactouse a rebaixa das peaxes da AP-9, a achega estatal  do 50% dos fondos da dependencia (compromiso incumprido polo Estado dende ZP), modernización ferroviaria interior, corredor atlántico ferroviario e conexión dos portos exteriores d’A Coruña e Ferrol, canda melloras importantes no estatuto da industria electrointensiva e máis na achega potente de recursos que permitan a reindustrialización  non carbonífica das bisbarras d’As Pontes e Meirama-Cerceda.

Dixo Suso de Toro no 2002 que a política española é un xogo de caloteiros. E isto abrangue ás esquerdas españolas,  semellantes en tantas cousas ás dereitas españolas . A historia dos incumprimentos é longa. Mais este  acordo só compromete  o voto do día 7.-

É, pois,  un bó trato e cómpre recoñecérllelo á dirección do BNG. Á que, tamén, cumprirá demandarlle a máis ferreña vixiancia a respecto do cumprimento destes compromisos. @mundiario

Comentarios