Imprimir

O Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros acolle o sábado un espectáculo de danza

Redacción | 23 de septiembre de 2020

Auditorio Municipal Gabriel García Márquez de Oleiros. / ticketrona
Auditorio Municipal Gabriel García Márquez de Oleiros. / ticketrona
"Dirixido ao público adulto, Médula proponse viaxar á orixe do feminino, alegando todo aquilo que nos fai ser o que somos, tecendo o belo e o imperfecto da nosa calidade humana", avanzan as súas creadoras.

As compañías Exire/Entremans presentan este sábado día 26 de setembro, ás 20:30 horas, o espectáculo Médula. A autoría, coreografía e dirección é obra de Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez.

"Dirixido ao público adulto, Médula proponse viaxar á orixe do feminino, alegando todo aquilo que nos fai ser o que somos, tecendo o belo e o imperfecto da nosa calidade humana", avanzan as súas creadoras na web do Concello de Oleiros.

Médula. / RR SS

Médula. / RR SS

A peza fala de todas aquelas pegadas que vai deixando en cada muller aqueloutra que lle precedeu. Vertebradas desde o primeiro son, o rumoreo, as cancións, os relatos das avoas e nais, segredos gardados na pel e nos ósos. Guerreiras e salvaxes, coidando do máis prezado para continuaren vivas e postergármonos nas seguintes.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas. Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización. @mundiario

Mostra de fotografía

Imaxe do concurso de fotografía Xurxo Lobato. / Mundiario

Imaxes do concurso de fotografía Xurxo Lobato. / Mundiario

A Fábrica de Oleiros acollerá a partir de mañá xoves 24 de setembro a mostra de fotografía do 14º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato convocado pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos da Coruña. A exposición poderá visitarse ata o 8 de outubro. @mundiario

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/eurorregion/auditorio-gabriel-garcia-marquez-oleiros-acolle-sabado-espectaculo-danza/20200923193936198590.html


© 2020 MUNDIARIO

MUNDIARIO

Compañía Mundiario de Comunicación S.L.
© Todos los derechos reservados.