Un 61% do profesorado afirma ter problemas para conectar co seu alumnado

Niña en un ordenador. / Pixabay
Unha nena diante do seu ordenador. / Pixabay

Os datos extráense dunha enquisa realizada pola CIG-Ensino entre o día 11 e o 16 de abril e que contou coa participación de 6.352 docentes. A práctica totalidade suspende a actuación da Xunta nesta crise.

Un 61% do profesorado afirma ter problemas para conectar co seu alumnado

Un 61% do profesorado afirma ter problemas para conectar co seu alumnado, segundo unha enquisa realizada pola CIG-Ensino entre o día 11 e o 16 de abril e que contou coa participación de 6.352 docentes. A práctica totalidade suspende a actuación da Consellaría de Educación nesta crise.

No inquérito constátase a fenda dixital e social do alumnado galego, que a teleformación, malia os esforzos docentes, non pode dar resposta á atención á diversidade e que unha amplísima maioría do profesorado comparte a idea dunha promoción de curso aberta a excepcionalidades, que deben ser observadas polo equipo docente e sen que dependa do coronavirus, e critica a indefinición e a falta de instrucións claras por parte da Consellaría de Educación.

Máis de 6.350 docentes galegos participaron no inquérito e deixaron máis de 1.600 comentarios nos que se constata a existencia dunha fenda dixital e social que leva a que unha ampla maioría dos participantes recoñeza dificultades para conectarse co seu alumnado. Neste sentido só un escaso 20% do persoal docente afirma que pode interactuar sen problemas co estudantado. @mundiario

Comentarios