​A abundancia de atún na costa Ártabra retén en augas galegas a unha manada de candorcas

Ría de Cedeira. / Pinterest
Ría de Cedeira. / Pinterest

A embarcación de recreo Amadeus, con dous tripulantes de nacionalidade francesa, foi sorprendida polos cetáceos.

​A abundancia de atún na costa Ártabra retén en augas galegas a unha manada de candorcas

Os "xogos" que realizan no mar as mandas de candorcas desprazadas as costas de Galicia, están a ocasionar danos importantes e sustos sen conto a embarcacións a vela e os seus tripulantes, desta vez en augas  próximas a vila coruñesa de Cedeira onde agora reparan tres afectadas ppor esas gañas de "xogar" duns animais mariños que se fartan de atún e practican a "caza" cos lemes dos veleiros, inconscentes como son dos prexuizos que causan.  

​A abundancia de atún na costa Ártabra retén en augas galegas a, cando menos, unha manda de candorcas (orcas. en castelán) cuxo interese polos barcos de vela e os lemes (timóns) que empregan para a navegación son un atractivo ineludible para, supostamente, os exemplares máis novos do grupo. 

Pouco dempois das cero horas deste luns, a sete millas ó suroeste de Cedeira, a embarcación de recreo Amadeus, con dous tripulantes de nacionalidade francesa, foi sorprendida polos cetáceos ("atacados", dixeron os afectados na súa comunicación radio con Salvamento Marítimo) cando se dirixían ao porto da Coruña. Non padecen danos persoais, pero sí materias xa que o leme quedou partido. Por este motivo os tripulantes da embarcación solicitaron a intervención de Salvamento Marítimo, que desprazou ao punto no que se atopaba a Amadeus a lancha de salvamento Langosteira que os remolcou a Cedeira, onde se procede, na carro varadoiro, a arranxar os detrozos ocasionados no timón polas candorcas.

Posteriormente o veleiro Urki I informou tamén a Salvamento Marítimo do "ataque" de orcas que destrozaron o leme, deixando á deriva a embarcación a unhas 4 millas de Cedeira. Os tripulantes do veleiro, dous españois, informaron pouco dempois das tres da mencida a Salvamento Marítimo de que estaban a ser "atacados" por candorcas que lles romperan o timón. O Urki I dirixíase de Fisterra a Gijón e tivo que ser remolcada pola lancha Langosteira a Cedeira onde, ao igual que a anteriormemnte citada, repara o leme perdido. 

Xa pola tarde do luns, pouco dempois das catro, a embarcación Aliana, de bandeira inglesa, comunicaba a Salvamento Marítimo que tiña danado o timón polo "ataque" dun grupo de candorcas. Acudiu no seu auxilio a embarcación Salvamar Betelgeuse. Os tripulantes destas tres embarcacións de recreo afectadas polas candorcas non sufriron danos. @mundiario

Comentarios