Xián coma o deus que foi á guerra contra as bestas da montaña ao lonxe

Blue-Moon-14
O lobo e a lúa.

Aldeas abandonadas e montes salvaxes: a confluencia do home e a natureza esperta desexos que só o amor pode acalmar.

Xián coma o deus que foi á guerra contra as bestas da montaña ao lonxe

Nunha aldea de Lucenza brillaban á noite as ventás da súa única casa habitada. Cadora, naquela casa había un neno. O pequeno Xián xogaba con paus para arredar ás feras, porque el non tiña pai.

Un día no que foron visitar un piñeiral, reparou, no lonxe, nun cantil que nesgaba a montaña que esgotaba o horizonte. E preguntoulle á súa nai que era o que houber alá. Ela dixo:

—No lonxe, hai un lobo cos dentes dunha serra que comeu a montaña unha vez que os animais se agacharon del. Ten tanta fame que engule a auga do río para que non teñamos regadío e emigremos, xa que é tan ciumento e fero que, cando ve un cazador, cuspe un veleno que marea, facendo dos homes inofensivos e incapaces de matar. Por iso non se pode ir acolá.

A partir de tal descoberta, Xián incrementou o apetito, aprobeitando os pratos de comida con gratitude. A nai estaba satisfeita por que o neno fixera caso.

Mais, unha noite, a nai estaba a contarlle un conto apaciblemente ata que apagou a luz e el reparou no ceo.

—Onde vai a lúa?— preguntou angustiado.

—Deberon de podala os anxos. A partir de agora volverá medrar— explicoulle.

Dende aquela, Xián medrou tamén e chegou a certa idade.

Unha noite doutro inverno, as galiñas cacarexaban con axitación. Fora o lobo que as comera. Divisando a desfeita, a vella tatexaba con confusa desolación. O fillo tomou uns paus e construíulles un valado.

O mozo arriscouse a unha batida de caza a polo devandito lobo, co que levaba toda a vida fantaseando. Gustaríalle velo no río e comprobar aquelas tretas ou acurralalo coma a unha formiga.

Nunha daquelas camiñadas, coñeceu unha rapaza noutra aldea. Ela lles temía tanto ás feras que estaba sempre na casa, recollida coma o gando. Era tan medoñenta que só lle falou a Xián cando, ao sentirse ouvear o lobo, el botou un tiro ao aire.

A familia dela permanecerá illada pola neve aquel inverno.

—Cada vez que se nubra o ceo, estou triste; e, cando arraia, son feliz— expresoulle.

Naquel día de sol, ollouna coa profundidade do horizonte. Entón, soprou na súa face.

—Cada vez que pestanexo, é noite. Mais a túa cara ten os perfís da lúa no meu maxín, a túa voz tócame coma a luz do sol e somentes é escuridade o teu silencio.

Xián bicouna coa delicadeza coa que o orballo se derrete na primavera e ela inmiscuíuse nos seus brazos coma a ferramenta máis minuciosa, deixándose acariñar polas súas mans e a brisa.

El velou por ela o resto da súa vida con fereza de home e o desexo do lobo, dominando os astros que perseguira ata deterse naquela muller, enfrontándose aos elementos coma ao bando inimigo nunha guerra invisible, loitando pola terra á que quería tanto como á súa muller.

Comentarios