A xanela máis clara e ampla de MUNDIARIO

La nueva home de MUNDIARIO tras el rediseño.
A nova home MUNDIARIO.

MUNDIARIO é un meio alternativo porque detrás del non hai nen estraños intereses nen grandes corporacións. É un proxecto aínda en desenvolvimento que coñezo ben desde a súa orixe.

A xanela máis clara e ampla de MUNDIARIO

Sempre que un meio alternativo dá um impulso cara adiante é unha boa noticia para o xornalismo, val dicer, é unha boa noticia para aqueles aos que nos interesa que non haxa verdades ocultas, para aqueles que aspiramos a viver nun mundo o máis libre posíbel.

MUNDIARIO é un meio alternativo porque detrás del non hai nen estraños intereses nen grandes corporacións. É un proxecto aínda en desenvolvimento que coñezo ben desde a súa orixe. Un proxecto innovador para o océano da internet en español. Non navego eu nesas augas, mais coñezo de vello o patrón da nave, José Luis, e sei da súa paixón polo xornalismo en estado puro. Sei tamén que sabe que o xornalismo hoxe non pode ser como o xornalismo de hai 3 décadas. Que non o pode ser nen na forma nen no fondo. MUNDIARIO nace desa reflexión. Análise e reflexión sobre un mundo extraordinariamente cambiante que precisa de ir tamén mudando as perspectivas.

A xanela de MUNDIARIO está hoxe máis aberta e é máis clara. Se un quere saber de que vai isto, de que vai o mundo, é ben botar un ollo através dela todos os días

O novo deseño de MUNDIARIO responde ás normas clásicas do que nos ensinaban en Bellaterra, na faculdade de ciencias da información da autónoma de Barcelona, a mediados dos anos 80 do pasado século. Clareza ante todo. Unha información ben xerarquizada. Que a leitora non se perda. Unha boa organización da información é a mellor forma de saírmos do barullo e deitarmos algo de luz sobre o cenario, que boa falta fai. Só así poderemos formarnos o noso propio criterio, só así poderemos pensar por nós propios.

A xanela de MUNDIARIO está hoxe máis aberta e é máis clara. Se un quere saber de que vai isto, de que vai o mundo, é ben botar un ollo através dela todos os días.

Comentarios