'Somos xente honrada', gran triunfadora da XII edición dos Premios Mestre Mateo

Gala dos Premios Mestre Mateo. / Cris Andina
Gala dos Premios Mestre Mateo. / Cris Andina

Como se esperaba, 'Somos xente honrada', de Vaca Films e El Terrat, foi a gran triunfadora o pasado sábado na XII edición dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego.

'Somos xente honrada', gran triunfadora da XII edición dos Premios Mestre Mateo

O Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña acolleu o pasado sábado a gala dos XII dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego. Entregáronse en total 26 galardóns nunha gala en directo conducida polo humorista Roberto Villar. Como se esperaba, 'Somos xente honrada' conseguiu o maior número de premios: mellor longametraxe e dirección, mellor guión, mellor actor protagonista e de reparto e mellor maquillaxe e perruquería. Pola contra, o premio a mellor película de televisión foi para 'Encallador', a cal tamén levou a de dirección de fotografía e montaxe. Tres galardóns obtivo tamén 'Salgadura' con vestirario, son e dirección de arte. Con dous premios quedaron Todos os Santos, coa mellor dirección de produción e mellor interpretación femenina protagonista para Isabel Blanco; ao igual que Era Visto!, que levou o da mellor serie e mellor actriz para Isa Risco. A cal protagonizou a intervención máis reivindicativa da noite acordándose do sector naval, da sanidade e sobre todo do seu en xeral: “sen púbico non hai audiovisual”.

A gala estivo protagonizada tamén polos telespectadores, neste caso, por unha familia de Vilanova de Arousa que interveniu en directo para comentar o evento: que lle parecían os premios e incluso para entregar o de mellor comunicador, o cal levou Jose Ramón Gayoso, de 'Luar'. O mellor anuncio e corto de animación recaeu sobre Algarabía Animación; o espacio cultural para 'ZigZag', da TVG; a mellor música orixinal de Berrogüeto por 'Inevitable'; 'Galegos no mundo' contou coa mellor realización; o mellor videoclip fou para Pito; o mellor corto para '3-1=0', de Olga Osorio e Juan Galiñanes; 'Costa da Morte', o mellor documental e outra das esperadas da noite, 'Entre pipas', á mellor serie web.

Houbo tempo tamén para recordar a Xosé  Manuel  Olveira, "Pico" e o Premio de Honra nesta ocasión foi para Manolo González, impulsor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, en recoñecemento á súa traxectoria e o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Antonio Mourelos, ofreceu un discurso no que pediu por riba de todo “sentido común e algo máis de sensibilidade”.

 

Os gañadores por categorías:
  • Interpretación masculina de reparto: Ricardo de Barreiro por 'Somos xente honrada'.
  • Maquillaxe e perruquería: Susana Veira e Erea Péreza por 'Somos xente honrada'.
  • Música: Berrogüeto por 'Inevitable'.
  • Dirección de fotografía: Alberto Díaz Bertixi por 'Encallados'.
  • Anuncio publicitario: 'Estrella Galicia Feliz 2013', de Algarabía Animación.
  • Realización: Monica Ares, Toño López e Isabel Caamaño por 'Galegos no mundo'.
  • Programa: Zig-Zag Diario.
  • Vestiario: María Gil por 'Salgadura'.
  • Interpretación feminina de reparto: Isabel Risco por 'Era visto!'
  • Dirección de produción: María Liaño por 'Todos os santos'.
  • Serie web: Entre pipas por 'Cassinello Arias Rizzi'.
  • Curtametraxe de imaxe real: '3-1=0' deOlga Osorio y Juan Galiñares.
  • Curtametraxe de animación: 'Aqua' de Algarabía Animación.
  • Serie de televisión: 'Era Visto!'
  • Premio honorífico: Manuel González.
  • Sonido: David Machado por 'Salgadura'.
  • Documental: 'Costa da morte' de Zeitun Films.
  • Videoclip: 'Canto de sirena' de Piti Sanz.
  • Comunicador: Jose Ramón Gayoso
  • Dirección de arte: Marta Villar por 'Salgadura'.
  • Montaxe: Adrian Pita por 'Encallaos'
  • Película para televisión: 'Encallaos'.
  • Guión: Miguel Ángel Blanca y Alejandro Marzoa por 'Somos xente honrada'.
  • Interprete masculino protagonista: Miguel de Lira por 'Somos xente honrada'.
  • Intérprete feminina protagonista: Isabel Blanco por 'Todos os santos'.
  • Dirección: Alejando Marzoa (Somos xente honrada)
  • Longametraxe: 'Somos xente honrada' de Vaca Films e El Terrat.

'Somos xente honrada', gran triunfadora da XII edición dos Premios Mestre Mateo
Comentarios