A Radio Galega é a emisora que medra máis en Galicia

Pilar Bermúdez. / Mundiario
Pilar Bermúdez. / Mundiario

Con 157.000 ouvintes de luns a venres, gañou 17.000 de luns a domingo con respecto o primeiro trimestre do ano, segundo o Estudo Xeral de Medios.

A Radio Galega é a emisora que medra máis en Galicia

A Radio Galega (RG) é, dentro das grandes cadeas en Galicia, a que máis medra tanto en termos absolutos como relativos, segundo a segunda onda do Estudo Xeral de Medios (EXM) correspondente os meses de abril e maio do presente ano.  Con respecto a onda anterior a Radio Galega, agora con Pilar Bermúdez ao fronte, medra en 17.000 novos ouvintes de luns a domingo, experimentando un incremento na súa audiencia do 13,71 %. En total, nesa mesma franxa semanal, a RG computa 157.000 ouvintes, informa a RG.

Segundo o EXM, a Radio Galega mantén a terceira posición en Galicia e cómpre salientar que está a reducir distancias en 12.000 persoas coa Cope, a segunda en Galicia, mantendo a cadena Ser o liderato.  Por outra parte, a Radio Galega Música acada unha audiencia de 19.000 ouvintes de luns a domingo, un dos valores máis altos da súa historia, so foi superada esa audiencia en dúas ocasións. Con respecto a primeira onda do EXM do ano o incremento foi de 4.000 persoas, un incremento porcentual na audiencia cifrado no 26.67%.

A RG tamén informa de que a RGM ofrecerá gran parte dos concertos de O Son do Camiño, con Estudio 3 como programa oficial do festival. De xoves a sábado, entre as 16.00 e as 00.00 h., poderanse escoitar en directo o 80% das actuacións do que será o grande acontecemento musical do ano en Galicia. O certame presenta unha oferta de impacto, coa presenza de artistas internacionais e coas bandas galegas do momento. @mundiario

A Radio Galega é a emisora que medra máis en Galicia
Comentarios