Os protagonistas de sucesos teñen o dereito á intimidade e á propia imaxe

Nuria Díaz Ilustración & Diseño
Ilustración de Nuria Díaz Ilustración & Diseño.

Non atinaron os medios que amosaron imaxes de mortos ou feridos, ou entrevistas con pasaxeiros ou veciños que non achegaban información senón o morbo do seu sufrimento.

Os protagonistas de sucesos teñen o dereito á intimidade e á propia imaxe

Aínda desolada e tentando asimilar a traxedia, calquera palabra é insuficiente para un sentimento que só se pode describir con bágoas. A noite do 24 de xullo cheguei a Compostela para celebrar unha festa, pero foi unha longa noite de pedra  Tiña que ser un día de ledicia, o Día da Patria Galega, e transformouse nun pozo de tristura, Santiago estivo dominado polo silencio, non cabía outra cousa que o loito...A conmoción foi enorme, nada foi como tiña que ser! 

Un tren de alta velocidade non debería atoparse cun trazado antigo, no que hai unha curva cun límite de velocidade máximo de 80 km/h, cando vén circulando por un trazado de alta velocidade a 200 km/h e sen contar coas medidas de seguridade precisas para frear un tren que supere a velocidade máxima. Nin o cumprimento dos tempos de viaxe debería estar condicionado economicamente...

Tampouco foi como debería a actuación dalgúns medios, amosando imaxes de mortos ou feridos, ou entrevistas con pasaxeiros ou veciños que non achegaban información senón o morbo do seu sufrimento. O primeiro punto do Decálogo de recomendacións para medios e xornalistas de sucesos de catástrofe do Colexio de Xornalistas indica que "o dereito á intimidade e á propia imaxe no caso dos protagonistas de sucesos que revisten características de catástrofe".

Vaia o meu apoio para [email protected] [email protected] que moito perderon nesta traxedia! O último balance é de 78 mortos e máis de 130 feridos, e as familias están vivindo agora mesmo os momentos máis duros porque xa avanzou a identificación dos cadáveres. Ao sentimento de dor que sufro, tamén quero destacar o orgullo que sinto pola acción desinteresada e o traballo de moitas persoas e colectivos, desde os veciños de Angrois que asistiron aos pasaxeiros nos primeiros momentos até os centos de persoas que acudiron de contado ás chamadas que pedían que se realizasen doazóns de sangue, pasando pola Asociación Hostalería Compostela que organizou un banco de habitacións para facilitarlle aloxamento aos familiares das vítimas que viñeron a Santiago. Estas tristes circunstancias mostran o verdadeiro valor de todos os traballadores e traballadoras dos servizos públicos, tantas veces insultados e denostados (sanitarios, policía, bombeiros, etcétera).

E tamén se amosa, unha vez máis, a forza do pobo galego, a marea de solidariedade que permanece intacta nesta terra, e o comportamento exemplar que nos caracteriza aos galegos e galegas cando as adversidades son igual de excepcionais.

Suso de Toro escribe algo para nunca esquecer: "A morte é a única e verdadeira medida das cousas da vida, esmaga as trivialidades, anula as distancias, devólvenos o sabor atroz de vivir e devólvenos ao que é primeiro, o asombro de estar vivos aquí. E o agradecemento por estalo." Todo pode mudar nun intre...

Grazas Nuria Díaz Ilustración & Diseño por darlle forma a uns sentimentos que non podemos expresar con palabras!

Os protagonistas de sucesos teñen o dereito á intimidade e á propia imaxe
Comentarios