O primeiro premio Xurxo Lobato foi para a foto titulada Espera na ventá

A foto Espera na ventá, primeiro premio Xurxo Lobato. / Francisco Filgueira Ferreiro
A foto Espera na ventá, primeiro premio Xurxo Lobato. / Francisco Filgueira Ferreiro

O seu autor é o alumno Francisco Filgueira Ferreiro, da Escola de Imaxen e Son de Vigo. O xurado foi presidido por Xurxo Lobato, colaborador de MUNDIARIO.

O primeiro premio Xurxo Lobato foi para a foto titulada Espera na ventá

O seu autor é o alumno Francisco Filgueira Ferreiro, da Escola de Imaxen e Son de Vigo. O xurado foi presidido por Xurxo Lobato, colaborador de MUNDIARIO.

A Asociación de Antigos Alumnos do IES Monelos fixo entrega na Coruña dos premios do 11º concurso de fotografia Xurxo Lobato. Nesta convocatoria presentáronse 142 autores con 365 fotos. Os participantes son alumnos de bacharelato, formacion profesional e ESO de toda Galicia. Destaca a presenza feminina con 95 participantes.

O xurado presidido por Xurxo Lobato -colaborador de MUNDIARIO- e formado por Antón Orosa, Arene Román, Marcos Sánchez, Pablo Mella, Tino Fraga e, como secretario, Blas Rodríguez, expresa a súa satisfación pola mellora continua da calidade dos traballos presentados polo que ampliou o número de accesits a 12.

Este certame consolídase con perfil propio, especializado en fomentar a fotografia entre os alumnos de ensinanzas medias en Galicia. Quere contribuír ao desenvolvemento da linguaxe fotográfica na nosa comunidade autónoma e fomentar a "canteira" de novos valores que opten pola fotografia como linguaxe de creación.

Os premiados son: 1º premio, pola foto titulada  “Espera na ventá“, de Francisco Filgueira Ferreiro, da Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV). 2º premio, pola foto “Aturuxos”, de Zeltia Iglesias, do IES do Sar de Santiago. 3º premio, pola foto “Grandes los dos”, de Florentino Baz, da Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV). Bolsa tutelada por Xurxo Lobato: Pola serie “Invasion” de Mateo Beiras Díaz do IES Monelos (A Coruña).

Accésits: Accésit, pola serie  “Crisis”  de Paulo Miguel Mouriño Pereiro do IES Rosalia de Castro (Santiago de Compostela).  Accésit, pola foto “Ponte natural” de Diego Mendoza Garcia do IES Universidade Laboral de Culleredo.  Accésit, pola foto “Somos mais que una nada” de Silvia del Río García do IES de Valga. Accésit, pola foto “Molinos” de Anastasiya Zhyhan  Zheludenko   do IES Gamallo Fierros de Ribadeo. Accésit, pola foto “Lembranzas esquencidas” de Alba Vilela Rey da EASD Pablo Picaso de A Coruña. Accésit, pola foto “Unha razón para a esperanza” de Javier Lopez Diaz do Colexio Marcote de Vigo. Accésit, pola foto “Brainstorming” de Susana Bravo Ruiz de AulaD de Vigo.  Accésit, pola foto “Bretema en Galiza” de Maria Gonzalez Taboada do Colexio Marcote de Vigo. Accésit, pola foto “Bocassete” de Sonia Rodriguez Ageitos do IES playa de Barraña de Boiro.  Accésit, pola serie “Traslación al pasado” de Javier rodriguez Regos da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Accésit, pola foto “Galiza añeja “ de Andres Escribano Molinero da Escola de Imaxen e  Son de A Coruña. Accésit, pola foto “Forgoselo” de Ricardo Varela Garcia da Escola de Imaxen e  Son de A Coruña.

Mención especial: A Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV) por ser o centro educativo do alumno que recebe o 1º Premio na presente edición.

Comentarios