Primeiro de maio, aniversario do xornal decano de Galicia: 'El Catón Compostelano'

Exemplar de 'El Catón Compostelano'.
Exemplar de 'El Catón Compostelano'.
A páxina web elcatoncompostelano.com quere render homenaxe a eses pioneros do xornalismo en Galicia que fundaron 'El Catón Compostelano' e preservar o seu espírito analítico, divulgador e de debate.
Primeiro de maio, aniversario do xornal decano de Galicia: 'El Catón Compostelano'

Nun día coma hoxe de 1800 nacía El Catón Compostelano, creado en Santiago o 1 de maio de 1800. Xa que logo, é o xornal decano de Galicia. Tratábase dunha publicación semanal, que apenas durou seis meses, na que se analizaban temas de corte erudito e ata polémico, como a educación das mulleres ou a orixe das linguas de España. Cada entrega era presentada como un discurso.

Francisco de Valle Inclán, catedrático, bibliotecario e rector do Colexio de San Clemente de Santiago, está considerado como o factótum da publicación, que en maio de 2011 renacéu desde internet, da man de Xeira Comunicación, tamén editora de MUNDIARIO, como homenaxe a esta iniciativa xornalística que xa fixo historia en Galicia.

No ano 2000, o Consello da Cultura Galega celebrou o bicentenario da súa aparición coa edición dun facsímil, xunto cun volume de estudos. Á súa vez, a colección da Biblioteca do Seminario Maior de Ourense comprende 22 discursos encadernados en pergamino e constitúe probablemente a colección máis completa desta emblemática publicación.

A páxina web www.elcatoncompostelano.com quere render homenaxe a eses pioneros do xornalismo en Galicia e preservar o seu espírito analítico, divulgador e de debate. Por iso mesmo, dedica especial atención aos temas ligados á comunicación en xeral e a sociedade galega en particular. Esta páxina web ven sendo unha homenaxe a eses pioneiros do xornalismo en Galicia na que pretendemos preservar ese espíritu analítico, divulgador e de debate que carecterizou a El Catón Compostelano. Dende esta web adicamos especial atención aos temas adicados á comunicación en xeral e a sociedade galega en particular.

A reproducción de El Catón Compostelano está en formato PDF na web do Consello da Cultura Galega. O facsímile pesa 13 Mb e está comprimido en formato ZIP.

Primeiro de maio, aniversario do xornal decano de Galicia: 'El Catón Compostelano'
Comentarios