Os portos españois suman 3,25 millóns de pasaxeiros no primeiro semestre do ano

O cruceiro L'Austral 3 no porto de Alacante
O cruceiro L'Austral 3 no porto de Alacante.

Barcelona consolídase como o líder europeo e acada a cuarta posición no ranking mundial de embarcos e desembarcos. Catro portos españois entre os 25 principais de Europa.

Os portos españois suman 3,25 millóns de pasaxeiros no primeiro semestre do ano

Barcelona consolídase como o líder europeo e acada a cuarta posición no ranking mundial de embarcos e desembarcos. Catro portos españois entre os 25 principais de Europa.

 

O conxunto dos portos españois recibiu a visita de 3´25 millóns de pasaxeiros no primeiro semestre do ano, o que supón un incremento do 3´7% con respecto ó mismo periodo do ano pasado. En total foron 1.627 buques de cruceiro dos cales o 59% recalaron en portos do Mediterráneo, destacan Barcelona e Baleares, que se consolidan como referentes mundiais deste sector.

Os datos do impacto deste tipo de turismo na economía, que demostran a xeración dun volume de negocio que supera os mil millóns de euros, propiciou a creación o ano pasado da campaña “Blue Carpet” ou “Alfombra Azul”, que pretende unirse á marca España para a captación de turistas coa premisa de facer dos portos españois a porta de entrada a unha oferta cultural, gastronómica e de lecer diferenciada.

No caso da zona atlántica peninsular e o Cantábrico, Cádiz e A Coruña son os referentes sendo a cidade andaluza líder con cerca de 300.000 visitantes no primeiro semestre do ano.

 

Comentarios