Pilar Rojo recibe ao xefe superior de Policía, que se xubila tras 44 anos de servizo

Pilar Rojo y Jaime Iglesias. / Mundiario
Pilar Rojo y Jaime Iglesias. / Mundiario

A Jaime Iglesias foille concedida a medalla de Encomenda de Número da Orde do Mérito Civil, unha condecoración coa que o Goberno español recoñece a súa traxectoria.

Pilar Rojo recibe ao xefe superior de Policía, que se xubila tras 44 anos de servizo

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu no seu despacho da Cámara ao xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias, que acudiu a despedirse antes da súa inminente xubilación, á que accederá tras 44 anos de servizo.

Pilar Rojo agradeceu a Jaime Iglesias a súa dedicación profesional e felicitouno pola recente concesión da Medalla de Encomenda de Número da Orde do Mérito Civil, unha condecoración coa que o Goberno español recoñece a súa traxectoria.

Comentarios