O Parlamento acolle a entrega da XXI edición dos Premios de Publicidade en Galego

El grupo de premiados en publicidad en Galicia. / Mundiario
El grupo de premiados en publicidad en Galicia. / Mundiario

O deputado popular Miguel Santalices, vicepresidente co Parlamento de Galicia, afirma no acto da entrega que “o galego vende” e “ten tirón entre os consumidores”.

O Parlamento acolle a entrega da XXI edición dos Premios de Publicidade en Galego

O Parlamento acolleu o acto organizado polo Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG no que foron premiados o spot “Faite amigo da Catedral”, da Fundación Catedral de Santiago de Compostela; “O son da nosa fala” de Radio Lugo; e o anuncio “Maxia Verde”, de Aceites Abril.

O Parlamento de Galicia acolleu a entrega da XXI edición dos Premios de Publicidade en Galego 2013, organizada, como cada ano, polo Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG. O vicepresidente primeiro da Cámara, Miguel Santalices, presidiu o acto, no que destacou que “por fortuna, falar de publicidade en galego pasou de ser un feito anecdótico ou puntual a converterse en algo frecuente”.

O deputado popular Santalices atribuíu esta realidade a factores como “a valentía das empresas anunciadas; a profesionalidade dos homes e mulleres que traballan no mundo da publicidade e que aconsellan aos seus clientes o uso da nosa lingua, e o efecto de arrastre liderado, no seu momento, polos medios de comunicación de titularidade pública e as propias institucións”. Sen embargo, a xuízo do vicepresidente do Parlamento autonómico, detrás desta realidade subxace outro feito: “o galego vende e ten tirón entre os consumidores, porque é unha lingua normalizada e de uso cotiá nun país no que podemos facer gala –e a facemos- de bilingüismo harmónico e cordial”.

Os premiados

No acto desta tarde entregáronse os seguintes premios:

>   Premio de Publicidade en Galego na modalidade de Internet: o premio é para o spot “Faite amigo da Catedral” da Fundación Catedral de Santiago de Compostela, elaborado polas axencias Arraianos, Arxuina, Meteórica e Planomedia,  e presentado por Arraianos. 

>   Premio de Publicidade en Galego na modalidade de Radio: o galardón distingue o reclamo publicitario “O son da nosa fala”, elaborado e presentado por Radio Lugo. 

>   Premio de Publicidade en Galego na modalidade de Televisión: resulta premiado o anuncio “Maxia Verde” de Aceites Abril, elaborado e presentado pola axencia Imaxe. 

Desde 1993

A esta edición dos Premios de Publicidade en Galego presentáronse 117 traballos. Os Premios de Publicidade en Galego naceron en 1993 e foron creados polo Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG co obxetivo de promocionar a realización de anuncios en lingua galega.

O acto celebrado esta tarde no Parlamento de Galicia contou tamén coa participación da vicepresidenta segunda da institución, María Soledad Soneira; o presidente e conselleiros do Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG, os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura e o director xeral de Comunicación da Xunta, así como o presidente e deputados da Comisión parlamentaria de Control da CRTVG. Entre os asistentes atopábanse representantes de empresas de publicidade, así como das entidades premiadas.

Comentarios