Buscar

MUNDIARIO

Ante as medidas restrictivas, efectos da tiranía: o progreso

A violencia só se subsana con educación, mais a cultura contemporánea prepáranos para obtermos un emprego.
Ante as medidas restrictivas, efectos da tiranía: o progreso
Construccionismo desaforado.
Construccionismo desaforado.

As nosas vivendas e as comunicacións teñen data de caducidade, así como o sistema se pode colapsar ante o mínimo erro humano.

Semella que non hai guerras, mais nos ámbitos competitivos amósase a crueldade dunha condición humana inherente á nosa natureza.

A violencia só se subsana con educación, mais a cultura contemporánea prepáranos para obtermos un emprego. Tal cultura tende a esquecer as súas orixes, falando de cambios que enmascaran o desapego a unha forma de vida. Así, o militarismo e a opresión substitúen a nosa busca da felicidade, cando a ansia de saber recrimínase politicamente.

O progreso que nos conceden os gobernos cústanos a educación propria, xa que na execución do benestar habemos de practicar as normas que nos impoñen.

Así, a perda de identidade das nosas culturas deixa un baleiro nunha tensa convivencia, na que viven mellor quen sirvan aos seus superiores, cando os cidadáns libres son perseguidos, criminalizados, a se asfixiar nun ambiente contaminado pola obediencia.

De consumarse o progreso, os valores humanos universais serán cercenados en pos da élite escura.