Máis de 700 nenos participaron dos obradoiros aparellados á mostra do Rías Baixas

Exposición Rías Baixas en Cambados. / Xurxo Lobato
Exposición Rías Baixas en Cambados. / Xurxo Lobato

A D. O. Rías Baixas e a Fundación Novacaixagalicia decidiron adiar a clausura da exposición fotográfica Rías Baixas, o viño do mar, de Xurxo Lobato, colaborador de MUNDIARIO.

Máis de 700 nenos participaron dos obradoiros aparellados á mostra do Rías Baixas

A D. O. Rías Baixas e a Fundación Novacaixagalicia decidiron adiar a clausura da exposición fotográfica Rías Baixas, o viño do mar, de Xurxo Lobato, emprazada no Centro Cultural da fundación galega en Pontevedra desde o pasado 11 de marzo para satisfacer a demanda dos escolares de Pontevedra e a súa contorna para asistir aos obradoiros.

Ata o momento máis de 700 nenos participaron dos obradoiros aparellados á mostra deste colaborador de MUNDIARIO, que permanecerá aberta ata o vindeiro 10 de maio e poderá ser visitada en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

 

Máis de 700 nenos participaron dos obradoiros aparellados á mostra do Rías Baixas
Comentarios