A maioría dos galegos aprezan a súa lingua malia que moitos non a falen

Manifestación a favor do galego.
Manifestación a favor do galego.

Xa que logo, compre alicerzar políticas de discriminacióbn positiva moi intensas e continuadas para os vindeiros 15 ou 20 anos e nada mellor que facelod ende a complicidade social.

A maioría dos galegos aprezan a súa lingua malia que moitos non a falen

Xa que logo, compre alicerzar políticas de discriminacióbn positiva moi intensas e continuadas para os vindeiros 15 ou 20 anos e nada mellor que facelod ende a complicidade social.

A maioría dos galegos aprezan a súa lingua malia que moitos non a falen. Xa que logo, compre alicerzar políticas de discriminacióbn positiva moi intensas e continuadas para os vindeiros 15 ou 20 anos e nada mellor que facelod ende a complicidade social. Compre un referéndum ou consulta cidadá que devolva aos grupos minoritarios contrarios ao galego á súa irrelevancia social.

Se matinamos nos dados que se reflicten na última enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre usos lingüísticos é moi difícil manter esa actitude optimista que para algúns constitúe parte da nosa natureza. A redución no uso do galego entre 2008 e 2014 foi parella á desindustrialización e empobrecemento deste país nestes case seis anos de goberno Feijóo. Mais todos os anteriores Gobernos teñen parte de culpa. Porque, miren vostedes, manter a lingua propia no seo dun Estado que vive en castelán e promove por terra, mar e aire a lingua oficial española é case imposíbel sen unha potente política normalizadora coordinada dende o Goberno autonómico, partillada polos Gobernos locais e alicerzada na complicidade social.

Porén, a cidadanía galega apreza maioritariamente o seu idioma, mesmo moitísimas persoas que non adoitan falalo.  Os galegos contrarios á súa lingua ou absolutamente desleixados a respecto do seu futuro son moi poucos. Existen vimbios para pactar unha política lingúística asumida por case todos, porque este proceso é revertíbel, mais só a medio dunha política intensa, decidida e continuada. Unha política onde se investirían de xeito continuo recursos e se adoptarían decisións que requiren do apoio social. Vivimos  tempos nos que a promoción do galego require menos despotismo ilustrado e máis cidadanía. Se unha maioría queremos galego compre que as súas políticas de promoción teñan o aval maioritario. Compre un referéndum ou consulta no que emitamos un mandato inequívoco de promoción e normalización para os vidneiros vinte anos.

Porque unha decisión popular desta caste permitiría formarmos opinión previa e xeneralizada sobre  as  principais cuestións que haberían facer parte das políticas de promoción e normalización. E o seu resultado calaría de vez as minorías desleixadas e mesmo opostas á nosa lingua, que acadan un eco social absolutamente desproporcionado á súa entidade real.

O galego precisa dunha política gañadora. E para iso require consenso social e apoio cidadán inequívoco. Porque non decidimos en conxunto o pulo normalizador para os vindeiros vinte anos? Decidir sempre interesa.

A maioría dos galegos aprezan a súa lingua malia que moitos non a falen
Comentarios