"Luar" celebra esta noite o seu programa 900 na TVG cunha edición chea de sorpresas

Xosé Ramón Gayoso, presentador de "Luar"-

Desde as 19.25 horas, polo escenario do programa estrela da TVG pasarán uns convidados moi especiais como artistas, copresentadoras e humoristas que acadaron o éxito no programa.

"Luar" celebra esta noite o seu programa 900 na TVG cunha edición chea de sorpresas

Todos os venres á noite son especiais para os espectadores de “Luar” pero hoxe serao aínda máis, xa que o programa musical da Televisión de Galicia celebra o programa 900.

Desde as 19.25 horas da tarde o escenario de “Luar” engalanarase por todo o alto para celebrar este lonxevo aniversario. Xosé Ramón Gayoso estará máis acompañado ca nunca por algunhas das copresentadoras que ao longo destes 20 anos do programa acompañaron o presentador, como Yamilé, Nieves Rodríguez, Maret, Patricia Pérez e Sonia López, entre outras que intervirán ao longo da noite.

Outros convidados especiais desta edición serán os artistas e humoristas que no transcurso deste extenso periplo de “Luar” lles ofreceron a súa música e o seu humor ao público galego. Hoxe, o espazo recibirá a visita dos artistas Mercedes Peón, A Roda, Leilía, Lolita, Augusto Canario, Carunchos, a orquestra Impacto e os mestres do humor, como a Señora de Palmírez, as Garotas, Paco Mivida, Campos e Crespo e as Cantareiras de Ardebullo, entre outros que, aínda que non estean esta noite en “Luar”, tamén serán recordados.

Por último, salientar que durante as algo máis de catro horas do especial deste venres, a audiencia da Televisión de Galicia terá abertas as liñas telefónicas do programa para que conten que significado ten para eles o “Luar”.

Comentarios