O que lles ocorre aos anxos neste mundo cando nos veñen visitar

Anxos de Alexandre Cabanel.
Anxos de Alexandre Cabanel.

O costume de rezarmos antes de durmir estáse a perder e dá moi mala sorte, védeo co seguinte conto e que teñades doces soños...

O que lles ocorre aos anxos neste mundo cando nos veñen visitar

O costume de rezarmos antes de durmir estáse a perder e dá moi mala sorte, védeo co seguinte conto e que teñades doces soños...

Sabiades que os pesadelos explican a morte? O párroco defende a Deus, pero, quen o defende a el? Un home de respectar mira polo seu…

É que había unha vez un barrio que non tiña igrexa e un neno que non tiña fe. A súa mamá acostumárao a rezar tódolos días cara á parede en vez de castigalo, ata que, nunha misa de domingo, influído quizáis polo diaño, tatexaba as oracións… Mordeulle a man ao párroco ao tomar a comuñón.

Veredes… No cabezal da cama do neno había un anxiño colgado. De cerámica, coloreado e esmaltado, era toda unha obra de arte mercada nalgunha feira. O anxo adicábase a escoitar aqueles pensamentos que asoballaban ao pequeño, encargándose de regalarlle soños bonitos para que fora feliz. Mais, aquel domingo, a nai decidíu que, se o seu fillo era ateo, a figura sobraba. Así que lle zoupou ao neno e tirou o anxo á basura.

Pasaron as horas, había unha chea de moscas provintes do exército do inferno que lle dicían palabras groseiras; algún rato, pertencente á miseria humana, lle falou da morte. Asustado, miraba para o ceo… O sol lle daba esperanza, a sombra lle daba paz… E logo as estrelas lle deron ilusión.

Pero, con morriña da súa familia, desolado polo abandono, empezoulle a doer a barriga. Á noite ningún rumor da cidade o arrolaba agás o mínimo tránsito da autoestrada. Afíxose ao tacto suave da bolsa da basura e conformouse con ulir a esencia dun deterxente que o acompañaba.

Na súa paz, algo lle perturbou: apareceu un can uliscando todo. Tiña un olliño chosco, carrachos no bandullo e o rabo tronzado. Mais, sen mediar palabra, o animal encontrou saborosa a suciedade do anxo e lle lambeu alegremente. Entón, o anxiño sentiu cóxegas e escachou a rir!

O can incorporouse sobre as patas traseiras porque o anxo, ao rir, medrou impando até converterse en humano. Non embargante, agora tiña fame.

─A ti tamén te abandoaron?─ preguntoulle ao can.

Mais o animal tornárase mudo desde que os seus donos o botaran da casa. Estaba resentido con esa especie, así que o anxo, que sabía ler os pensamentos, contoulle un soño esperanzador:

─Agora eu son humano e te vou adestrar para camiñar ergueito, pois es un bo can… Nin ti nin eu voltaremos ter fame porque, se ti só querías agarimo, eu somentes quero un teito… De xeito que cazarás coma un lobo para min e eu farei de ti o orgullo dun cazador.

O can tiña a mirada perdida. Igual imaxinaba unha cadea no seu pescozo cando un anxo había de saber que os cans tamén son do noso señor. Pero lle fixo caso e seguíu os seus pasos polas rúas da cidade.

Así que agora o home tiña pouco de anxo e poucos cartos. O conxunto do mundo enteiro tíñao por vagabundo, pero el sabía que a humanidade estaba a perder a fe.

Atraído pola multitude, resentido coa igrexa, sentou na porta dun supermercado. Extendía un pano no chan e, educadamente, agradecía as esmolas das señoras. De feito, nos seus derradeiros folgos de conciencia, oíndo unha conversa a pé de rúa, fixo feliz a unha muller: ela lamentábase porque no supermercado non había leitugas para a ensalada nin a porción axeitada de carne para un guiso. Aseguraba que tiña convidados na casa. “Merque un bo e doce postre, porque a despedida é a mellor gratitude e o final do día é o principio dos soños”, sóubolle dicir.

Mais o inverno entrante deulle frío e non fame. Desta vez, trasladou uns cartóns dun colector ao interior dun caixeiro automático. De xeito que o can vagabundo foi mellor cá fe polo calor que lle daba.

Non embargante, cada mañá os banqueiros o botaban de alí a patadas e, chegada a noite, a pillaxe era tal que unha vez uns ladróns o cubiriron de cristal ao crebar o escaparate. O leal animal, ileso, botóuselles enriba… E eles cruentamente o mataron.

Fóra de si, o vagabundo ferido deambulou durante días abrazado a unha manta para non amosar a súa debilidade ante os demáis humanos. Choraba polas esquinas para que ninguén lle denunciara e fuxía da cidade sen escapatoria.

O pobre home, sen consolo, tirouse ao mar. Quixo morrer polo malo que era o ser humano e máis porque, o que era pior, el tamén era un ser humano. Porque un can fiel tamén vai ao ceo, de xeito que el agora era un anxo.

Pero a salitre curou as súas feridas e sabía nadar, non o podía evitar… Ata que se notou anoado polas pernas… Isto é, que un barco pesqueiro o atrapou nas súas redes. “Debe de ser un polisón!”, dixera o patrón.

Os mariñeiros pensaron que non era senón un inmigrante e lle serviron unha sopa, navegaron cara á vila e lle ofreceron unha cama na confraría. Unha vez que o vello anxo lles fixo felices coa súa docilidade, achou unha nova vida xunta ao mar tecendo redes. Cada noite, a súa dona colocaba un San Pancracio baixo a súa almofada, pois durmían en camas xemelgas. E así foi feliz. 


    

O que lles ocorre aos anxos neste mundo cando nos veñen visitar
Comentarios