Levan de novo a xuízo a un activista en defensa do idioma propio de Galicia

Carlos Callón.

Após ser absolto en virtude dunha sentenza, sentará de novo no banco [email protected] [email protected] por terlle recriminado ao que foi xuíz decano da Coruña o seu incumprimento da Lei de Normalización lingüística.

Levan de novo a xuízo a un activista en defensa do idioma propio de Galicia

Após ir a xuízo e declararse a súa libre absolución, o presidente da Mesa, Carlos Callón, volverá sentar esta sexta feira no banco [email protected] [email protected] da Audiendia Provincial da Coruña. O seu denunciante, Antonio Fraga Mandián, que no momento dos feitos (ano 2008) era xuíz decano da Coruña, presentou un recurso contra a sentenza definitiva, que non firme, ditada por este mesmo organismo.

Segundo informa tamén Sermos Galiza, malia o recurso que tamén presentou Callón para evitar que se repetira o xuízo, a vista segue adiante, polo que o presidente da Mesa considera que se están a acender dúas alarmas: unha para a situación da lingua e outra para a igualdade de [email protected] perante a Xustiza. Aliás, entende que se coloca en primeiro plano a "grave" apariencia de que é posíbel "forzar corporativamente" os procedementos xudiciais "para sancionar a quen non fixo outra cousa que realizar declaracións en defensa da lei".

E é que a primeira vez que sentou no banco [email protected] [email protected] pedían para el 13.500 euros e as costas do xuízo, onde compareceu como imputado por un delito de inxurias após terlle recriminado a Fraga Mandián o seu incumprimento da Lei de Normalización lingüística ao declarar que "no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña". Na Mesa insisten en que se trata de máis un xuízo "cara á criminalización das opinións e da lexítima defensa do noso idioma".

Que Alonso Montero vaia ao xuízo "para coñecer a verdadeira situación do galego"

Nunha recente entrevista, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, declarouse "defensor moi táctico" da nosa lingua afirmando que "chego a un sitio e con frecuencia non falo en galego".

​Asegurou que este idioma "vai perdendo falantes mais vai gañando escribentes" pois, segundo el, "practicamente todas as persoas que teñen menos de 43 anos fixeron o bacharelato ou a ESO en galego, leron poemas de Rosalía e de Manuel Antonio que eu non lera aos 14 anos e rematei sendo catedrático de Literatura".

Diante destas declaracións, Carlos Callón convidouno a asistir ao seu xuízo "para coñecer a verdadeira situación do galego". O convite fíxoo estensíbel para Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

Levan de novo a xuízo a un activista en defensa do idioma propio de Galicia
Comentarios