Jorge Cabezas, pintor e artista: un heroi desa guerra entre a vida e a arte

Concierto en Garufa.
Concerto no Garufa.

É fácil ser Jorge e admiralo de copas e risas na noite coruñesa. Pero canto máis admiro e amo a Jorge é calquera luns de novembro e febreiro ás oito de mañá.

Jorge Cabezas, pintor e artista: un heroi desa guerra entre a vida e a arte

Este venres 14 xuntarémonos moitas amigas e amigos de Jorge Cabezas nun concerto solidario e benéfico para homenaxealo e xuntar recursos para a súa rehabilitación.

Jorge vén de sufrir un accidente cerebro-vascular e debemos celebrar que siga connosco e conxurar a miseria desta desfeita actual do "estado do (mal)benestar" para  colaborar na súa recuperación.

Son un hoolligan de Jorge, amo e admiro a súa obra intensa e identifícome na súa visión do mundo e do absurdo como ben común.

Nunha lonxana noite de 1998 conseguín entender A Coruña, grazas ao coñecemento de Jorge e dunha etílica e prolongada noite pintando con paixón un mural no histórico Crápula.

Quero facer unha confesión persoal. É fácil ser Jorge e admiralo de copas e risas na noite coruñesa. Pero canto máis admiro e amo a Jorge é calquera luns de novembro e febreiro ás oito de mañá.

O horario da proba de lume para os que deciden ser artistas, vivir como artistas e vivir de seren artistas. Normalmente eu podo estar sentado nun avión, lendo unha folla Excell e viaxando a calquera lugar ao que me leve a miña axenda de executivo da industria cultural. Pero imaxino a Jorge amañecendo no seu desordenado estudio/hábitat, o cheiro a pintura acrílica, as horas do día por diante para que a inspiración o pille diante dun lenzo en branco e matinando todas as risas que nos vai regalar aos seus amigos e a á amigas.

Entón é  cando máis o quixen e quero. Cando sucumbo ao heroísmo de alguén que é capaz de non establecer fronteiras entre a arte e a vida. E Jorge, hoxe por hoxe, é un heroi desa guerra entre a vida e a arte. Sempre contigo, Jorge! Non nos falles nunca! @mundiario

Comentarios