In memoriam / Ata logo amigo Muruzábal: eu de maior quero ser coma ti

Xosé Turnes e Muruzábal
Xosé Turnes e Muruzábal / Xurxo Lobato.

"Nacemos na Idade Media e vivimos unha vida moi intensa e longa, os teus 66 anos supón mais de 300, para un humano normal", escribe este novo colaborador de MUNDIARIO.

In memoriam / Ata logo amigo Muruzábal: eu de maior quero ser coma ti

Eu non coñecin o  Muru na revolución política e sindical; coñecino na vida cotiá. Nunca militamos na misma organización; él formaba parte da esquerda espoñolista e eu da nacionalista galega. Coñecino no ano 1979 porque coincidimos vivindo no mismo portal,  no Temple (Cambre). Deseguida os alcumamos co apodo de os petos por militaren no Partido do Traballo (PT).

Non tardamos en levarnos ben con o Muru e as súas mulleres, (Toni -a de verdade-, Mercedes, a cuñada, Rebeca, filla de Mercedes, e a tía Lela e mais sua irmá).  Luis e Toni estaban criando  a súa prole, como todos os demais veciños,  e  o Muru semellaba un taxista, carrrexando na sua tropa sen rechistar e con cara de boa xente. Él seguia na sua revolución sindicalista dos obreiros e na politica e eu no sindicalismo labrego e nas cooperativas; ali, naquela casa do Temple, naceron os seus fillos, Antía e  Joseba, e os nosos,  Cibrán e Paula.

Un bo dia enterámonos de que rematara a carreira de Dereito, e non tardaría en marcar un estilo propio defendendo aos traballadores dende o seu bufete, trocando éste polas fabricas e os andamios. Pouco tempo despois o Muru, que nunca era indeferente aos problemas do seu entorno, comezou a botarlle unha man no traballo á sua compañeira Toni para organizar a un dos colectivos máis vulnerables da sociedade, como son os enfermos mentais. Luis, sin pretender notoriedade, implícase tanto que rematou sendo o “alma mater” da asociación destes enfermos.

Por circunstancias da vida houbo un paréntese na nosa relación que, despois  dun tempo, voltamos a recuperar. Organizamos xantares para falarmos do mundo e das nosas vidas, ás que se incorporou, de vez en cando, o común amigo Benigno Sánchez. Luis falaba sin parar e encandilábanos coa sua palabra, pero non deixaba meter baza. Propuxenlle un trato: eu sentaríame  sempre en fronte del  e, a cada pouco, dáballe unha patadiña por debaixo da mesa para poder falar nós. Él baixaba a vista, poñía cara de santo, cruzaba os brazos e calaba. Case sempre, eu, en vez de utilizar o meu turno, dábame un ataque se risa e o Muru enganchaba de novo e nós voltabamos a disfrutar escoitando os proxectos para a Asociación e para rexenerar a política.

Luis, tiña a extraordinaria cualidade de ver algo positivo en tódolos seres humanos, sempre foi un home de esquerdas, pero  procuraba o mellor  de Fraga, Paco Vázquez,  Feijóo ou Negreira para tender pontes de colaboración e aproveitar a axuda que puidesen darlle. Era tal a súa capacidade de seducción que todos quedaban prendados da súa persoa.

Él, sempre mantivo a relación cos vellos amigos e coa tribu navarra, disposto a botar unha man e a deixarse querer. 

O noso Luis Muruzábal, foi un home feliz e axudou a selo a todo o seu entorno. Deixanos  un legado de moito valor. Eu teño varios amigos cos que me une un grande amistade, pero él, ademais de amigo, sempre foi unha referencia. A súa coherencia persoal, familiar e social e a súa xenerosidade, obligabanme a reflexionar sobre o meu comportamento.

Durante a súa enfermidade vímonos con  frecuencia; él, en vez de poñerse a dar pena, seguía na militancia social e trataba de aproveitar as conversas para impulsar novos proxectos. Él sí que foi un emprendedor, e sen ánimo de lucro.

Foi un pracer ser amigo seu e seguilo sendo de Toni, Antía, Joseba, Mercedes…. De tal pau tal astilla: os petos do primeiro, resultaron ser unha xente maravillosa.

Bueno Luisito, ti, igual ca min nacemos na Idade Media  e vivimos unha vida moi intensa e longa, os teus 66 anos supón mais de 300, para un humano normal.

Donde queira que esteas sigue encandilando coa tua palabra e co teu traballo. Algún dia eu tamen irea para ahí, buscareite e recuperaremos as nosas tertulias, ti dirasme en que  proxectos estás metido e eu, depois de contarche as novas deste mundo, poreime a traballar contigo, porque de tí aprendin a ser feliz traballando para mellorar  calquera dos mundos nos que nos toque estar.

Amigo Luis, un forte abrazo e ata que nos vexamos.

O teu amigo Che Turnes.

In memoriam / Ata logo amigo Muruzábal: eu de maior quero ser coma ti
Comentarios