Hai mozos en Galiza que pensan que bilingüismo é entender pero non falar o galego

Manifestación a favor do galego.
Manifestación a favor do galego.

Un sector da xuventude, maioritariamente urbano, comparte a idea de que o galego é un idioma inferior ao castelán polo mero feito de que se fala nas aldeas. Interesante análise dunha universitaria galega.

Hai mozos en Galiza que pensan que bilingüismo é entender pero non falar o galego

Na España actual conviven diversas linguas: a máis utilizada é o español, lingua oficial. Tamén son linguas do Estado o catalán, o vasco e o galego. Este último é un caso especial debido aos prexuízos que causa entre a poboación da mesma Galiza. Ao longo de moitos séculos o galego foi menosprezado e ridiculizado. Actualmente, aínda que está a ser protexido polas leis, segue na mesma situación.

Entre a mocedade atópanse certas discrepancias sobre este problema lingúístico. Un sector da xuventude, maioritariamente urbano, comparte a idea de que o galego é un idioma inferior ao castelán polo mero feito de que se fala nas aldeas. Neste caso o bilingüismo para eles é falar unha lingua (español) e entender a outra (galego) pero non utilizala.

Porén, outro sector da xuventude maioritariamente rural non ten ningún prexuízo en falar o galego e sintirse orgullosos por iso. Estes mozos e mozas son a esperanza dunha cultura que se está a perder por mor das migracións á cidade, lugar onde nace a diglosia, que consiste en empregar o galego para as funcións de menor prestixio social, deixando o español para representar os usos formais, como a administración, traballo, etcétera.

En conclusión: o galego é una herdanza que se ten que pasar de país a fillos. De nada serve que se ensine o idioma nas escolas se logo non se inculca no fogar. Non se pode pretender que as crianzas falen galego se os pais non collen conciencia da importancia do idioma como tal. @mundiario

Hai mozos en Galiza que pensan que bilingüismo é entender pero non falar o galego
Comentarios