Fillos de emigrantes en Suiza voltan a este país pola mala situación económica en España

É irónica a situación dalgunhas familias galegas, nas que os avós emigraron a Suiza e os fillos que naceron alí decidiron voltar a súa terra de orixe. Agora os seus xóvenes netos , fillos, voltan...
Fillos de emigrantes en Suiza voltan a este país pola mala situación económica en España

Cada vez son máis o número de xóvenes que abandonan  Galiza para emprender  unha nova búsqueda de traballo en países extranxeiros. O número de mozos e mozas galegas que diariamente marcha fóra da súa terra ascende de forma masiva, cousa que non é prato de bo gusto para unha mocidade galega que tería que traballar na súa propia terra para así poder levantala do bache económico.

Un dos países aos que actualmente se adoita emigrar é Suiza, como tamén antaño se facía na década do 1960. Este país ofrece postos de traballo en empresas xa que alí, a crise non golpeou tanto á economía coma aquí. Ademáis da  man de obra, Suiza tamén é un bo país para que a xente con carreira poda poñer en práctica os seus coñecementos nun traballo remunerado, sempre que se domine o francés, alemán e italiano, idiomas oficiales que se falan alí. En caso de que non soubesen estes idiomas, so poderían optar a postos menos remunerados, ou sinxelamente non atopar ren.

É irónica a situación dalgunhas familias galegas, nas que os avós emigraron a Suiza e os fillos que naceron alí decidiron voltar a  súa terra de orixe. Agora os seus  xóvenes netos , fillos,  teñen que voltar ao lugar de onde os seus devanceiros saíron tras estar traballando coma bois durante tantos anos.

Esta situación é unha inxustiza, ao contrario do que dixo a secretaria de Inmigración  Marina del Corral: os xóvenes emigran por "impulso aventureiro" e non por necesidade. Emigrar nunca é prato de bo gusto. Nunca será fermoso para ningún ser humano deixar a súa familia e o seu lar e ir traballar lonxe da súa terra. Para ninguén é agradábel a sensación de sentirse forasteiro en terra allea e contar con menos dereito que os demais habitantes do lugar. Galiza estase a quedar sen xuventude e  parece ser que a maldición do pobo galego, o lastre da emigración nunca terá solución.

Comentarios