Esculturas sentidas, a exposición de Leiro no Kiosko Alfonso

Escultura de Leiro. / Xurxo Lobato
Escultura de Leiro. / Xurxo Lobato

A escultura de Leiro desprende sempre un humanismo que chega rapidamente a quen as ve, espertando un desexo físico de tocalas e, sobre todo, de interrogar estes seres conxelados no tempo.

Esculturas sentidas, a exposición de Leiro no Kiosko Alfonso

A escultura de Leiro desprende sempre un humanismo que chega rapidamente a quen as ve, espertando un desexo físico de tocalas e, sobre todo, de interrogar estes seres conxelados no tempo.

Parece, dende logo, algo obvio calificar unha obra de arte, neste caso unhas esculturas, unhas esculturas sentidas, cun adxectivo que apele sen ambaxes á sensibilidade e aos sentimentos de quen a realizou. Se por algo se pode definir un creador plástico, e Francisco Leiro abofé que entra nesa categoría, é precisamente por saber transformar nun relato de sensacións e sentimentos o mundo que o rodea. E isto que semella unha obviedade, é moito máis complexo do que aparenta. Atopar o punto de inflexión entre o que se quere relatar ou sobre o que se quere facer reflexionar, e o como se transmite é un equilibrio tan difícil e complexo como para determinar a propia razón de que unha obra creativa exista ou non.

É evidente que o cualificativo de sentidas baixo o que Leiro aglutina as obras que compoñen a súa exposición no Kiosko Alfonso, na Coruña, é unha forma de definición moito máis complexa do que aparenta. Poderiamos dicir que estamos ante un Leiro «pouco coñecido», «sorprendente» ou «diferente», mais non por iso menos complexo, na maneira en que é capaz de nos impactar emocionalmente coas súas obras. 

Diríamos que estamos ante un Leiro que se sente solidario e se compromete coa realidade, case cotiá, da catástrofe, da dor, da especulación, da contaminación ambiental, da guerra, da mentira, da corrupción, que se segue sentindo impresionado polo que acontece ao seu redor e reflexiona sobre a condición humana. 

Ao longo da historia da arte, moitos foron os artistas que sentiron ese compromiso e devolvéronnos a súa mirada a través das súas obras, chegándonos ao corazón e aos sentimentos. Baste recordar o nome de Picasso, ese artista que fai poucos meses foi redescubierto para esta cidade da Coruña. Cando Picasso coñece o bombardeo que as tropas  sublevadas realizan á cidade de Guernica, en abril de 1937, un día de mercado onde prácticamente só había mulleres e nenos, sentirá tal conmoción que pintará en menos de dous meses, o seu Guernica a obra que se converterá nun dos iconos da dor e a brutalidad da guerra, máis importantes do século XX.

Na exposición Esculturas sentidas, as súas figuras  cobran vida e dialogan coas imaxes nas que se inspiraron

 

Tamén Leiro sentiuse conmocionado por moitas imaxes da dor e a brutalidad coas que os xornais ou pantallas dá TV nos bombardean e que non por seren vistas reiteradas veces, deixan de se converter en iconas do desastre. Dende a distancia dunha calculada ironía e un certo tremendismo, Leiro as pon en referencias da crueldade ou do absurdo de gran parte da realidade que nos rodea diariamente. 

Nesta exposición de Esculturas sentidas as súas figuras  cobran vida e dialogan coas imaxes nas que se inspiraron coma se esa impactante e desoladora realidade mediática se convertese en creación escultórica. Leiro non representa, senón que, unha vez máis, busca crear unha escenografía.

Non hai dúbida de que estamos ante un Leiro comprometido, un artista do seu tempo que converte as súas obras nun berro ante un mundo convulso. Un Leiro humanista que nas súas figuracións reflexiona e case nos fai ver a pantalla da televisión o a páxina dun xornal, na forza volumétrica das súas pezas.  Poderíamos decir que estas Esculturas Sentidas funcionan na súa basta intensidade, na súa combinación de crueza e sutileza, de enerxía e irónica maldade calculada, en obras que emocionan polas súas dimensións monumentais, polo seu vigor corporal.

Toda a escultura de Leiro desprende sempre un humanismo que chega rapidamente a quen as ve, espertando un desexo físico de tocalas e, sobre todo, de interrogar estes seres conxelados no tempo que emanan tantas historias. Esa é, sen duda, a razón pola que  nos chegan ao corazón, polo que estas obras só se poden entender como esculturas sentidas.

Un escultor de la Malbourough
Francisco Leiro (Cambados, 1957) expone en el Kiosco Alfonso de A Coruña. Este escultor inició su formación en la Escuela de Artes y Oficios de Santiago de Compostela y completó sus estudios en Escuela la de Bellas Artes de Madrid. Representó a España en 1985 en la Bienal de São Paulo. Desde 1986 expone regularmente en ARCO, Madrid. Establecido en Nueva York en 1988, comenzó a trabajar para la Galería Malbourough, una de las más destacadas del arte contemporáneo, un año más tarde. Algunas de sus obras públicas son la figura de un animal fantástico conocido como Sireno (1991), levantado sobre dos columnas de granito pulido verdes y negras en la Puerta del Sol de Vigo, símbolo controvertido de la ciudad, el Homenaje a Castelao, en la Alameda de Santiago de Compostela (1995), la Batea o Saavedra sobre el río Lérez en el Parque de la Isla de las Esculturas de Pontevedra, el Astronauta, Valdemoro (Madrid), Vértigo, en la autovía M50 de Madrid (2004) y Simeón sentado, ante Torre Espacio, Madrid. Obras suyas se encuentran también en colecciones y museos de arte contemporáneo.

 

Comentarios