A demonización do maquinista oculta a falla evidente de seguridade do Alvia

Montaje de 'El País' hecho con imágenes de un video del accidente, que puede verse en la sección de Videos de MUNDIARIO.
Montaxe de 'El País' feita con imaxes dun video do accidente, que pode verse na sección de Videos de MUNDIARIO.

Os traxectos urbáns polos que circula o tren debería extremar as medidas de seguridade e adopción dos máis modernos códigos de evitación de accidentes, sistemas de freado automático e balizas.

A demonización do maquinista oculta a falla evidente de seguridade do Alvia

Arredor do tren téñense feito moitas historias literarias, plásticas e cinemotográficas que están na nosa memoria pero a partires de agora o tren concitará neste noso país varias ideas como morte, solidariedade, falla de medidas de seguridade, déficit e rede ferroviaria galega.

O accidente de Angrois visibilizou a morte moi de preto, no campo da festa, e algún medio dun xeito irresponsable fixo da sangue e da dór un espectáculo non se sabe seguindo qué regras da información. Tamén poderíamos lembrar no eido informativo que a cobertura dos medios públicos galegos sempre foi por diante do resto, e que a día de hoxe ninguén prantexa a súa desaparición nin siquer a súa privatización.

Foi tamén pública e patente a movilización da xente para botar unha man alí onde estivese, no posto de traballo, nas doacións de sangue en principio vitais e sobre todo a dos veciños que tan preto de horror e da morte axudaron a que non houbese máis sufrimento.

A demonización do maquinista oculta a falla evidente de medidas de seguridade do Alvia Madrid-Ferrol, e a irresponsabilidade que é a transformación do modelo de Velocidade Alta nun tren rápido galego. Non se entende cómo senón dende Madrid fai so catro paradas ata A Gudiña e o dobre ata chegar o Ferrol. Os traxectos urbáns polos que circula este tren debería extremar as medidas de seguridade e adopción dos máis modernos códigos de evitación de accidentes, sistemas de freado automático e balizas automatizadoras. O bon do conductor é a mostra máis do nivel medio de ADIF e se non que llo pregunten a xente de Valga, e calquera que a estas alturas o considere responsable único do accidente sabe a cencia certa que o fai para non botarlle as culpas a quén no seu momento por resolución xudicial as terá.

Teño dito que o AVE a Galicia é unha infraestructura inútil e deficitaria e o accidente ferroviario non fai máis que confirmar as miñas sospeitas, que será un servicio infradotado por falla de demanda, e que o que hoxe se agarda é que como se organize o servicio áereo dende Galicia, tamén se ordene o tren dende aquí.

Comentarios