CXG denuncia que Abanca reduce o uso do galego nas súas comunicacións

La nueva marca comercial de NCG Banco. / Mundiario
Lanzamento da marca Abanca. / Mundiario

Para Compromiso por Galicia, "aparte do grande erro estratéxico que representa esa decisión", igualmente supón "un novo e forte golpe en contra do idioma propio do país".

CXG denuncia que Abanca reduce o uso do galego nas súas comunicacións

Para Compromiso por Galicia, "aparte do grande erro estratéxico que representa esa decisión", igualmente supón "un novo e forte golpe en contra do idioma propio do país".

Compromiso por Galicia (CXG) denuncia que Abanca acaba de tomar a decisión de facer a publicidade, a sinalética e a comunicación xeral dentro de Galicia en castelán. "Curiosamente", explica, manterán o catalán como lingua vehicular en Cataluña.

Para CXG, "aparte do grande erro estratéxico que representa esa decisión", igualmente supón "un novo e forte golpe en contra do idioma propio do país".

CXG propón facer algo. "Algo sería, por exemplo, introducir no noso muro do Facebook e na páxina de Twitter comentarios e opinións sobre a decisión incluíndo no corpo do texto as referencias a @escotet e @abanca.", din nun comunicado remitido a edición galega de MUNDIARIO.

A proposta de CXG vai máis alá: "Tamén se pode enviar unha mensaxe directa por twitter a @somosabanca ou en Facebook en https://www.facebook.com/SomosAbanca. Outra opción, non excluínte, sería enviar unha pregunta ou comentario a través do seguinte formulario online: http://www.abanca.com/gl/axuda/contacto/".

"Se facemos o suficiente ruido ao respecto -coidan en CXG-, poderiamos conseguir que reconsideren esta nefasta decisión e salvemos un referente principal dese espazo clave para o noso idioma como é a comunicación financeira."

Comentarios