As cousas que lle poden pasar a un corvo mixiriqueiro co mundo por diante

Corvo
Corvo.

Coma quen que este é un conto popular que acaba de ser descoberto polos sabedores, xa que así como tal que se trata dunha historia anónima...

As cousas que lle poden pasar a un corvo mixiriqueiro co mundo por diante

Había unha vez un corvo ao que lle gustaba voar e observar a paisaxe. Ás veces percorría kilómetros seguindo ao vento. Pero, cando ulía o sangue, graznaba de tristura, porque non lle gustaba a morte. Así, alimentábase de bichos feos aos que ninguén quería.

Un día, feliz, abaixouse a unha poza do chan a lavaricarse agradecido da perfección da natureza. De súpeto, viuse inmobilizado porque un can enganchárao do pescozo. Entón, éste levouno por un camiño. O corvo, corvo que era, temeu a morte, e en poucos momentos conformouse con ter sido agraciado con todo o que vira e máis co peso de auga aínda nas súas plumas…

Un home era o dono do can, en cuxas mans ao corvo lle foi feito un corte na lingua, de xeito que os dous puideron falar:

—Bo día, respetable corvo— iniciou o home—. Como a túa especie é premonitoria, eu penso que me poderás augurar esta sorte: hai algún asasino no monte?

—Malfadado home, o monte é unha vida moi dura, por iso eu prefiro voar.

—Haha! Es un pobre animal, vexo que vés directo do niño. Mais, como semellas dócil, acho que te poderei engadir á miña granxa. Só terás que ir alá unha última vez, se me prometes unha cousa: eu sacaba a pasear o meu porquiño tódalas mañás a que picara nas landras, e hoxe perdéuseme cara alá.

—Vaites— compadeceuse o corvo—, eu non sei o que é perder un ser querido porque me aprenderon a estar só no ceo, pero seguro que atoparei o seu porquiño picando nas landras e vostede poderá ser feliz.

—Iso sería magnífico! Daquela, eu recompensareiche cuns chourizos, e non pasarás ningunha fame, e aprenderás a cantar para min.

O corvo emprendeu o voo polo monte, con gran atención e olfacto. Percorreuno do cumio ao val ata que o sol estivo no seu zénit, cando a luz incidiu directa nun recodo ateigado de saborosos bichos. El pensou que lle conviña comer algo, así que se abaixou. E alí, confinado nunha toxeira, estaba o pobre porquiño morto. O fedor do sangue aturdiuno e non puido versar palabra, senón que graznou con tal énfase que o home sentiuno.

—Corvo! Corvo! Onde vai o meu porquiño?

—Morreu!!!

—Malfadado corvo! E onde morreu o meu porquiño?

—Ai, ai, ai! No monte!

Os berridos do granxeiro ecoaban cara ao lonxe, e o agoreiro, embargado polos seus sentidos, foi alá, iso si, sen retirarlle a palabra:

—Mataron o porco!— laiábase.

—Amósame o camiño…!— insistía o seu dono.

—Lonxe, moi lonxe!

—Amósame o camiño…!— ecoaba a voz do home.

—No ceo!

—Onde vai o meu porquiño?

—Vai aonde ti non chegues!

Comentarios