Cocido Connection en Galicia: do #CocidoTrip ao #CocidoDay, o 15 de marzo

Cocido gallego.
Cocido de Galicia. / mis-recetas.org

A aposta polas redes sociais en hostalaría é crara e cada vez esténdese máis. Os consumidores, usuarios e potenciais clientes comemos cos ollos. Unha boa foto vende.

Cocido Connection en Galicia: do #CocidoTrip ao #CocidoDay, o 15 de marzo

A aposta polas redes sociais en hostalaría é crara e cada vez esténdese máis. Os consumidores, usuarios e potenciais clientes comemos cos ollos, para o dono dun establecemento non hai nada máis efectivo que unha boa foto para vender o seu menú. 

 

Como xa estaredes todas/os ao corrente o pasado 1 de febreiro celebrouse en Lalín o #CocidoTrip, e o vindeiro 15 de marzo serviranse máis de 100 racións de forma simultánea en 16 restaurantes durante o #CocidoDay! Esta craro que o cocido é un dos pratazos da nosa cociña, e que os encontros gastronómicos están á orde do día no mundo 2.0.

‘’Un bo cocido leva moitas cousas: xamón e lacón, carne fresca, touciño e chourizos, galiña e garavanzos, e por descontado, patacas. E á carne de porco que vai ó cocido aínda se lle poden engadir orella e fuciño, e costela salpresa, se a hai. E ca auga na que se coceu a cerne pódese facer una excelente sopa, de arroz ou de pasta. […] O cocido ten que estar ben escurrido e ten que servirse moi quente. O cocido pide un tinto do país, o máis sereno e graduado que se poida’’.

Con estas liñas, Cunqueiro describía en A cociña galega como é o cocido ideal para un galego, un dos pratazos da nosa cociña. Pero segundo a zona de Galicia pola que esteamos, haberá máis cousas: que se botelo ou androlla, unllas do porco, soá…Xa o gastrónomo Picadillo, hai máis dun século, dixera que o galego é un cocido “alegre”, porque o seu punto forte son as carnes e non, como nos “cocidos tristes” de moitos lugares de España, as verduras.

Concordo con Picallo 100%, porque sempre é unha ledicia compartir un bo cocido rodeada de xente fabulosa, coma foi para min o 1 de febreiro: o #CocidoTrip! O activo, infatigable, dilixente e voluntarioso Xavi Presas Cacheda, propuxo realizar un encontro gastronómico en Lalín. Así que cando recibín o convite, non puiden resistirme…

O día 1 de febreiro collín o tren en Vilagarcía ás 8:15 cara Pontevedra, onde me atoparía co meu prezado Alberto Ribas (alias ALVIENTOOO), co correctísimo Roberto Pérez e co alacenero Kike Cerviño, con quen emprendín rumbo á capital do Deza. Alí comezamos a xornada do #CocidoTrip almorzando na Taberna A Lareira, onde tiven a oportunidade de saudar a Luis Ulloa, China Lara, Laura Camino, Frenchi Oubiña, Rodri Pastoriza, Paula Acuña, Sandra Novo, Mercedes Blanco, David Prieto, Inés Banet, Mónica Novas, Josiño López Silvarredonda, e un longo etc. 

Teño que recoñecer que me fascinou o detalle do barista Xan Martínez do debuxo de Sporky coa escuma do café. E tamén que a cada participante fíxosenos entrega dunha carteira lindísima con forma de porquiño, e dunha chapa co noso nick para poder desvirtualizarnos: a miña era @Teetravel. Genma, quen confeccionou as carteiriñas, tamén deseñou o vestiario chulísimo de Sporky, a mascota do #CocidoTrip.

Logo, o grupo foi recibido no consistorio polo concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, quen nos explicou con detalle as particularidades do Castro Tecnolóxico. Nos exteriores do edificio o edil amosounos unha exposición de traballos artísticos con figuras porcinas como base, e onde aproveitamos para sacar fotos coa galleta molona de Galicia Mola. 

Despois fumos de excursión nun autobús de Autocares Presas con destino a Cortes de Muar, que conta co recoñecemento de “prata” do prestixioso concurso inglés de queixos World Cheese Award 2013. Púxenme contentísima, xa que son unha súper fan dos queixos! Entendo que o premio é ben merecido, pois os que nos deixaron probar os irmáns Rita e Germán García estaban riquísimos e moi ben vestidos. O seu marquetin básease na palabra cortes, que denomina o lugar onde se gardan as vacas, e tamén xogan coa onomatopea do son das vacas e coa palabra que o define en galego: muar. Marela, Morena, Marquesa e Mimosa son as raíñas dunha corte moi especial. Ataviadas coas súas mellores galas, estas estilosas vacas galegas presumen de queixos suaves e cremosos. Por certo, na queixería tamén tivemos a oportunidade de desgustar o polbo afumado de Conservas Artemar, produto elaborado nas Rías Baixas e con cool packaging.

Despois desta magnífica visita a Cortes de Muar, pensei que xa sería o momentazo do cocido, pero non, atopámonos cun sorpresón da man do Restaurante Agarimo, onde puidemos ver unha mostra do talento da novísima cociñeira Conchi Peiteado en forma da tapa que presentou en Madrid Fusión: solombo de porco, escuma de pataca, crema de grelos e garavanzos, cachucha prensada e faragullas de chourizo. No Restaurante Agarimo foi onde coñecín a outra participante do #CocidoTrip, Kris Pereira, amante da Ribeira Sacra, e amiga dos meus amigos de Chantada, un momento moi emotivo!

E por fin chegou o momento máis desexado: o xantar na Molinera! O cociñeiro deste templo do cocido foi elixido como ‘Cociñeiro do ano’ no Fórum Gastronómico, é un exemplo de humildade e é un atrevido innovador da cociña tradicional da nosa terra. Diego López, adestrado en restaurantes recoñecidos como o barcelonés Dos cielos, o madrileño La Terraza del Casino e o pontevedrés Casa Solla, traballa desde fai tres anos no restaurante familiar en Lalín. 

No xantar estiven moi ben arroupada, tanto na mesa, onde tiven o gusto de estar xunto a Kris Pereira, Frenchi Ouviña, Roberto Pérez Marijuán, Kike García Cerviño, Luis Ulloa, María Fernández Tesouro (unha experta un viños) e Alberto Ribas, como por todas/as as/os que estaban enchendo o restaurante. A miña mesa era a de máis “Estrellas”, e non paramos de rir, comer, beber, falar… Foi un verdadeiro día de festa, cheo de bos momentos! No que non nos fallou nin a queimada, que nos preparou o patriarca da Molinera, Alfonso López.

Mención especial merece o simpático barista Óscar de Toro, quen nos permitiu degustar un café de pota preparado por el, aromatizado con cardamomo. Imbatible! Estou desexando pasar por Santiago de Compostela e visitar o seu Café Venecia.

Tamén é o seu dar as grazas a Tito -que tivo un detallazo con tódolos participantes- e a tódalas empresas que colaboraron agasallando os seus produtos para o sorteo final. Eu fun unha das afortunadas, xa que me tocou unha botella da ecolóxica sidra Ribela, de A Estrada e galega 100%.

E xa pasamos ao momento dos dixestivos! O profesional Xaime Rodríguez Trigás, barman de Kubos Cocktail Bar, foi o autor de aromáticos cocteis combinados. Quedei coas gañas de tomarme un “Moli”, así que terei que voltar…

O dito, mil grazas a Xavier Presas por facelo posible, todas/os participantes somos as/os teus fans! Estamos xa agardando polo #CocidoTrip 2015. Contigo, a perfección existe! Os bloggers que formaron parte deste encontro gastronómico son magníficos profesionais, aos que como persoas merece a pena coñecer e vivir con eles un #CodidoTrip, unha cita imprescindible. De entre eles, destacaría a Laura Camino, Luis Ulloa, Alberto Ribas e Frenchi Oubiña, catro persoais moi activas no sector das redes sociais galegas e creadores do `Día Internacional do Cocido´, que se celebrará o sábado día 15. 

Serviranse máis de 100 racións ao mesmo tempo en dezaséis restaurantes de dentro e fóra de Galicia, e mesmo Portugal, para converter o #CocidoDay en Trending Topic. Esta iniciativa consiste en xuntar nun restaurante a un grupo de oito comensais e o seu “Cocido leader” con todo tipo de aparellos tecnolóxicos, dispostos a tuitear, instagramear e compartir este evento. 

Eu síntome moi halagada por ter sido escollida a Cocido Leader da mesa de Ferrol, que terá lugar na Taberna do Cantón, cunha localización única, nun dos lugares máis emblemáticos da cidade departamental, é hoxe o punto de encontro ideal para as xentes da zona, onde tomar un bo viño, en boa compaña, e tapear. O seu propietario, Xan Carlos López Pereira, apoiou este gastroevento desde o primeiro momento, dá gusto contar coa súa implicación, e máis nos tempos que corren!

Que mellor forma de participar no Día Internacional do Cocido que comer un bo cocido o día 15 de marzo?! Envía fotos ou comentarios a través de twitter, facebook e instagram. Lembra, 
o hashtag é #CocidoDay! 

En resumidas contas: se queres que o pote che dea alegría, éncheo de carne e porco cada día!

 

Comentarios