As cidades necesitan unha identificación universal tipo marca-país

Palacio Municipal de María Pita, en A Coruña.
Palacio Municipal de María Pita, en A Coruña.

Texto do discurso con motivo da toma de posesión de Cabaleiro de Honor da Real Orde de Cabaleiros de María Pita, no salón de plenos do Concello de A Coruña.

As cidades necesitan unha identificación universal tipo marca-país

Agradezo a distinción. E fagoo de xeito sinceiro e emocionado. Sempre que ún recibe unha honra pensamos si fixemos méritos suficintes para recibila. 

As veces, tamén, poñemonos a cavilar sobre quenes somos (e misturamos os nosos soños coas dificultades para acadalos; xuntamos equivocadamente os previsibles atrancos cos posibles acordos) para saber se fumos capaces de lograr eses méritos que nos imputan. 

E, noutras ocasions, evaluamos se os méritos contraidos son merecentes de tal distinción; ou, pola contra, non deixan de ser un agasallo coincidente cun aniversario ou coa propia idade.

En calquera caso, non serei eu quén valore o Tribunal, nin tan siquera a Orden de Cabaleiros de María Pita por este nomeamento. 

Sempre se di que os coruñeses somos quen de contar cun ambente/espazo capaz de xerar, gardar e transmitir esencias/espíritus de concordia

Simplesmente, admito a distinción, agradezo a mesma, e póñome a defender os seus idearios; que fago proprios; de igoal xeito que o fixeron os que me precederon neste mesmo nomeamento, cuxa lista está chea de homes de grandes méritos e abondosos curriculums: alcaldes, empresarios, reitores. 

Por eso, dou as grazas tanto o Alcalde coma os compoñentes da Orde de Cabaleiros de María Pita, pola honra de me distinguir e polo acto que hoxe celebramos.

Eu, non deixo de ser un cidadán nado na Coruña. De pai e nai coruñesa. Con fillos coruñeses. Polo tanto, cun espiritu emanado dunha historia cargada de fitos, comportamientos e regras coñecidas, transmitidas e valoradas sempre en positivo.

Formo parte, asemade, dunha xeneración que recolleu dos seus devanceiros o legado histórico dunha cidade loitadora contra as inxusticias e as desigualdades; capaz de enarvolar bandeiras e estandartes para pelexar contra invasores; e, o mesmo tempo, para denunciar aldraxes e marxinacións.   

Asemade, pertenezco a unha grei de persoas que enlazou os pensamentos e os comportamentos doutros cidadans que apostaron pola democracia e o galeguismo, convertindoo nun facho ben iluminado ó longo da nosa historia personal.

E, finalmente, na medida das nosas posibilidades e oportunidades xuntei a miñas forzas cas doutras persoas, cando tiñamos que defender ou emprender novas opcions de cara a formular escenarios de futuro; non só potenciales, senon viables.

E dicir, son coruñés, como Salvador de Madariaga, pensador dun horizonte europeo armonizado; son coruñés, coma Ramón Maseda, enseña do socialismo na cidade e promotor de moitas obras e servizos sociais; son coruñés como Arturo Taracido, ex tenente de alcalde deste Concello e defensor ata o final da súa vida dos valores democráticos, e son coruñés como Uxio Carré Alvarellos, fundador da Real Academia Galega e difusor da nosa identidade galeguista.

Por eso, e no meu caso, son froito dunha instrucción recibida nun colexio, Academia Galicia, con magníficos profesores como Miguel González-Garcés ou Francisco-José Alcántara, por exemplo; e complementada extraordinariamente pola educación transmitida na miña casa, polos meus pais, onde tiven os millores mestres e titores que ún pode escoller. 

A conxunción de ámbolas duas forzas converxentes deron o que son. Nin mais, nin menos. 

Logo, evidentemente, e non se pode negar, fun sendo modelado paseniñamente pola miña muller de cara a gañar outros valores. 

Sempre se di, e así presumimos os coruñeses, que somos quén de contar cun ambente/espazo capaz de xerar, gardar e transmitir esencias/espíritus de concordia, xunto a poñermonos camisetas de gañadores. 

De ahí que non teñamos medo nin a rivalidade, nin a competencia, nin o posicionamento internacional.  

Os coruñeses temos rasgos notables que conxugamos con destreza e dos que sobresaímos cara fora

A nosa historia está preñada de acontecimentos que avalan estos asertos. Xa fora nas nosas liortas con poderosos e contra calquera país ou Estado; xa sexa na nosa especialización e loita polos mercados nacionais ou internacionais; xa sexa no noso encadramento exterior e no noso asentamento internacional.

Por eso, se houbera que definir o que neste momento estou a sentir, diría, coma bó coruñés, que temos tres rasgos notables que conxugamos con destreza; e dos que sobresaímos cara fora:

En primeiro termo, o respecto. Son daqueles que sempre otorgo credibilidade e prevalencia os que me precederon no traballo, co seu pensamento e co seu quefacer.

Coido que hoxe a sociedade, e sobre todo os mais novos, deberían voltar un cacho o pasado; e darlle mais valor a este concepto, o do Respecto histórico; para min mais relevante que o valor da Memoria. Este último é un concepto mais efímero. Nono descarto; pero prefiro o anterior.  

Pido e reclamo, pois, Respecto Histórico, máxime cando queremos facer pais. Máxime cando queremos enarvolar enseñas. 

Incluso dentro dos partidos políticos, hai que manter ese respecto para os que nos precederon, para os que tiveron responsabilidades e hoxe xa está separados dos cargos. 

A suas acciones nos gostarán mais ou menos. Pero, sen dubida, son peza fundamental na historia.

En segundo lugar, reclamo e defendo a responsabilidade. Este valor está deixando de ser un rasgo básico nos discursos; e nos programas políticos ou de xestión. 

Moitos non queren asumir responsabilidades; nin no traballo, nin na elaboración de propostas. Apostan polo laissez-faire; por deixarse ir; pola comodidade, en suma.

O resultado e a medianía, é dicir, atopar a alguén que llo faga. 

Deste xeito, importámolo caseque todo, coma diría Unamuno naquel discurso histórico que reflictía unha fase do noso país na que non se apostaba por nada. 

Hoxendía, ser responsable debería ser un valor. E ogallá que volte a ser un valor esencial.

E no terceiro termo, aposto polo esforzo. Sen él difícilmente seremos alguén. Sin traballo, e sobre todo, sin esforzo resultará caseque imposible chegar a acadar niveis pioneiros en calquer eido da nosa vida. 

Deberíamos, pois, definir metas a acadar, en base o noso esforzo persoal e colectivo. Deste xeito, a sociedade daría o máximo en canto o nivel de posibilidades e tamén abriríamos novas oportunidades.

As cidades son os escenarios mais compactos en canto a organización de persoas se refire

Poi ben, traducindo estas notas á nosa cidade; eu son dos que preconizo que hai que tomar as rendas/timón; hai que desplegar as velas ou andamiaxe; e hai que iniciar un camiño/periplo cara un escenario viable e factible.

As cidades son os escenarios mais compactos en canto a organización de persoas se refire. Nelas se reagrupan todas as relacións funcionais posibles entre os distintos elementos que a conforman. 

Nas cidades se computan variables tanxibles e intanxibles. As cidades se regulan e autorregulan. As cidades emprenden camiños en solitario e en solidariedade.  

As cidades son, por último, os entes mais vivos, mais permeables e mais sólidos e compactos que existen no metabolismo institucional democrático.

Por estas razons, ún non debe quedar o marxe de participar, de coadxuvar, de propor e de avaliar calquera decisión en torno o futuro da sua cidade.

Non todos podemos ser concelleiros ou apostar por ser ou querer ser alcaldes. 

Pero sí, temos que estar atentos as propostas que se fan dende o Concello; de melloralas si está nas nosas mans e noso maxin; ou de criticalas, constructivamente, sin non estamos dacordo e temos algunha alternativa mais proveitosa para o conxunto da cidadanía.

Estos escenarios de futuro esixen, nos momentos actuais, definir claramente tres niveis. 

Primeiramente, marcar, definir e señalar un escenario, o que se chama visión; en segundo lugar, proceder a adoptar mecanismos de toma e adopción de decisións, valorando o acordo para que sexa mais sólida a posición de cara o devandito escenario presente e futuro; e no terceiro lugar, garantir a máxima participación e responsabilidade de cada un dos estamentos sociais, económicos, culturais, deportivos e medio-ambientais.

Os devantidos escenarios están suliñados pola nosa historia: somos atlánticos e marítimos. 

Xa que logo, ainda que señamos periféricos nunha Europa continental; somos i estamos no centro dunha globalidade universal.

Tiñan razón os Ilustrados, por exemplo, cando defenderon o Consulado do Mar, aqui na Coruña, sé de formación e de descubrimentos técnicos. 

Tiñan razón, a grande estirpe de consignatarios asentados no noso peirao. Tiñan razón as grandes familias de armadores, mariñeiros, e industriais do mar. 

Tiñan razón as empresas aqui ubicadas e localizadas para utilizar a ventaxa comparativa de comerciar por vía marítima cas outras partes do Océano Atlántico. Tiñan razón os mercaderes do liño, da lá, do tabaco, da madeira, etc. por estar presentes nos momentos históricos da cidade.

Algúns non se decatan da importancia e relevancia de que os coruñeses somos atlánticos e marítimos

Agora, semella que algúns e alguhas non se decatan desa importancia e relevancia. Abandonan o sentido da historia (xa lles xulgarán) e, xa que logo, perdemos posibilidades de medrar por mor dunha miopía do presente e por amosar unha obstinación por convertirse en servidores clientelares. 

Por eso, sigo defendendo a maritimidade da cidade, do país e do Estado. 

E esta aposta debese converter nunha enseña a non perder.

Temos garantizado ser referente histórico para o futuro, a traveso do noso Faro Torre de Hércules. 

Nos falta, incardinar accions vencelladas o mar, aproveitando o enorme potencial que hoxendía nos brinda a nosa xoven Universidade.

Posuimos no noso entorno mais próximo todas cantas especialidades son necesarias para afrontar ese desafio. De ahi que sexa necesario que o Concello defina a súa estratexia cara o mar. 

Hai, asemade, outras asignaturas e apostas pendentes. Se tivera que darlle o maxin; e evaluar as outras oportunidades de futuro, tamén lle daría estimulos a duas actividades básicas. A primeira estaría vencellada o ámeto da saúde.

Aquí estamos na primeira ringleira internacional. Non perdamos, pois, o ritmo e a intensidade que lle impregnaron os nosos especialistas na Cidade Sanitaria. 

Debemos multiplicar as sinerxias complementarias e re-situarnos nun referente mundial non só no que atinxe o rexíme sanitario, senon en todas as suas aplicacions industriais. Por eso, calisquer incentivo nos ámetos dos equipamentos médicos, electromédicos, quirúrxicos, industria farmacéutica, clínicas, etc. que se demanden, deberían ser tomados en consideración. 

E o segundo eixo da nosa aposta está relacionado ca bio-tecnoloxía alimentaria e os mecanismos na defensa da biodiversidade. Incluimos neste eido non só a industria transformadora e de análise de alimentos, senon as empresas e centros relacionados ca Bio-ciencia, as Bio-empresas e as vencelladas co medio-ambiente.

Hoxe, en termos de prospectiva, xa non se fala de actividades illadas; senon daquelas que interactúan, que están relacionadas entre elas mesmas; que buscan o mesmo tempo safisfacer unha necesidade nutricional e alimentaria cun desenvolvimento industrial; cun anovamento cientifico; e cunha defensa da biodiversidade.

Falamos de garantir unhas necesidades do presente, pero sin hipotecar as necesidades das xeneracións que veñen. Tentamos que a nosa pegada sexa a menor posible. E traballar para poder contribuir a recuperación dos ecosistemas en perigo.

Aquí, na cidade, temos expertos, especialistas, centros, empresas dabondo nestes eidos. So falla poñelos en contacto e definir unha estratexia viable e factible. 

As cidades compiten entre sí, rivalizan de igual xeito que as empresas, e incluso que as persoas

So me queda facer unha mención os valores intanxibles. É dicir, aqueles non mensurables; pero que levan implícito un valor agregado. 

Neste caso concreto, refirome a imaxe de marca da cidade. Hai que darlle moita importancia. Tena. E cada día mais. 

As cidades compiten entre sí, rivalizan de igual xeito que as empresas, e incluso que as persoas. 

As cidades necesitan, pois, una identificación universal. Por eso, non valen as apostas localistas; que só suliñan obxectivos a moi curto plazo.

Necesitamos apostas a medio e longo prazo: aquelas que teñen visado de futuro. Por eso, recomendo un esforzo para definir un plan de traballo que permita capitalizar una estratexia compacta, viable, consensuada y aceptada; que, garantizando unha identidade propria, nos poda levar a reconducir e a construir actuacions tendentes a protexer, fomentar i estimular accions viables e de futuro.

Remato, agradecendo de novo a distinción, 

Dando a grazas a todolos amigos aquí presentes, os familiares, os políticos, os da Universidade, os  que me aturan diariamente o redor dunhas cervezas, e os que se achegaron por vez primeira a este excelso Salón de Sesións para ver de disfrutar deste acto.

E confio que neste tempo que toca vivir, nos permita seguir comprometidos cun proyecto de ciudad capaz de manter a fortaleza emocional para  non perder a súa centralidade de carácter e sentar bases dun novo modelo de expansión con progreso social, en termos de emprego e igoaldade.

E, sobre todo, para evitar que o conformismo non oculte as argumentacions.

Moitas grazas por todo. @mundiario

As cidades necesitan unha identificación universal tipo marca-país
Comentarios