Meio século do pasamento de Risco, un dos senlheiros pensadores ibéricos do XX

Vcente Risco.
Vcente Risco.

Galiza lembrou ao mestre da Xeración Nós, Vicente Risco, de cuxo paramento cumplriuse meio século. A Fundación do seu nome adicoulle o cabodano baixo o lema Sempre Risco.

Meio século do pasamento de Risco, un dos senlheiros pensadores ibéricos do XX

Ao longo deste 2013 no solpor Galiza lembrou ao mestre da Xeración Nós, Vicente Risco, de cuxo paramento cumplriuse meio século. A fundación do seu nome adicoulle o cabodano baixo o lema Sempre Risco.

Que o asonante desta coluna sexa vicepresidente primeiro da Fundación Vicente Risco non debe ser impedimento para certificar a vixencia do polígrafo. Precisamente a Fundación con sede en Allariz (Ourense) existe para desenrolar un día atrás de outro o multicultivo intelectual de Risco, quen salientou ata o cume na etnografía, a mitoloxía, a historia, a pedagoxía e a criazón literaria, no relato e, sobretodo, no romance, autor que foi do melhor –xunto con  La Esmorga, de Eduardo Blanco Amor- obra da nosa literatura, O Porco de pé  e mais dunha singular novela en castellano, finalista do Premio Nadal, La puerta de paja.

Sen ponderación, Vicente Risco ( 1884-1963)  foi non un dos melhores mais un dos senlheiros pensadores da Península Ibérica, é dicir, Espanha e Portugal, a carón do seu amigo Teixeira de Pascoaes, Unamuno e Ortega.

O seu pensamento é dun-ha coerencia absoluta, malia os deturpamentos ideolóxicos das guerras quentes e frías, do século XX, a desmentir as esperanzas risquianas de que a centuria poría fin ás supersticións empiristas do XIX.

A leitura das suas obras –non so as escolmas, os resumos, as divulgacións- descobre a faciana mais actual de Risco como precursor da resistencia á globalizazon, chamada no seu tempo cosmopolitismo.

A sua denuncia da desnaturalizazón, da destruzón do rustico, que non é o rural, mais a naturaza anterior e posterior á especie humana, aparece recorrentemente nos seus textos. Porén, de maneira directa e inequívoca, en Las tinieblas de Occidente, un ensaio sen rematar, escrito antes de Spengler, anque o mestre ourensano decidiu  abandonalo porque “La decadencia de Occidente la hacía inútil”. Non o acreditamos así, sen prexuízo das coincidencias.

En Las tinieblas de Occidente o seu autor denuncia a civilizazón, “que viene de civitas (ciudad)” e a contrapón ao concepto de cultura. A Cidade Eterna, recorda, agacha nos seus alicerces o sangue de Remo a maos do seu irmao Rómulo. Risco afirma rotundamente que as megápoles levan o seu seo a súa antítese: os artistas, os vagabundos, mesmo os delincuentes, pois “ser diferente é ser existente”

Perguntábanme o outro día “os medios” que había pensar Risco do mundo meio século despois.

Repergunto: qué había pensar da movilizazón quen creou ao pecadento bispo Baldonio, en comunicazón co Demo a través do telefone? Quen sentía mais pracer no desexo que na sua realizazón? Quen vía a arte como manifestazón do espirito?

Aos homes de razón práctica afundindo  á especie, erguida polos homes de espírito,  nun-ha nova e pior barbarie?

Risco, entre outras cousas, foi un precursor do ambientalismo.

Léano xa.

Comentarios