CAVERNA: Estrea mundial de “Gravidade”, unha odisea do espazo 2013 en 3-D

 Llega la película Gravedad, con George Clooney y Sandra Bullock.
Gravidade, con George Clooney e Sandra Bullock.

No Río, a sala cheia, vemos –en moles poltronas cun burato para pipocas e refrixerios- a Sandra Bullock e mais o Clooney en 3-D, á procura da gravidade.

CAVERNA: Estrea mundial de “Gravidade”, unha odisea do espazo 2013 en 3-D

No Río, a sala cheia, vemos –en moles poltronas cun burato para pipocas e refrixerios- a Sandra Bullock e mais o Clooney en 3-D, á procura da gravidade.

No espazo anos-luz operan a tempo total, pendurados do fío do embigo. 

Se querer, unha subespecie de paseos fóra da nave-nai, non comandada polo traidor Hal do ultrapasado 2001. Naturalmente o espaldamollada no champanha do Hollyvood, é un dicir, Alfonso Cuarón non se lhe parece nada ao pedante embora prodixio, Stanley Kubrick.

O filme, porén, non é malo como esperavamos. Mesmo o título dunha historia desenvolvida na ingravideza até a presa de area da Bullock sobre a praia do happy-end.

Por desgraza quen só penteamos cañas desde hai anos, lembramos o primeiro experimento en 3-D, nos 50, a bola atada á raqueta que parecía bater no noso nariz na cena aquela de Os crimes do Museu de cera.

Os óculos da época eran de cartón, agora son de plástico, e havía que as devolver á saída, tamén como agora.

En  Gravidade lóxicamente multiplícanse os trucos: parafusos e mais pesadas ferramentas a danzar cara a nós, neste sambódromo tan fantasmal como a fantasma do Clooney que ven tentar –reconfortar á doctora Stone, cando está a descobrir que ela, a diferenza de todos os humanos si sabe o día que vai morrer.

O obsesivo diálogo con “Houston, temos todos os problemas”, acada até certa dose de retranca, así cando a doutora berra “Estou farta do espazo.”

Espazo, por certo, nunca tridimensional. A tecnoloxía aínda non da para máis: gánhase, iso si, profundidade de campo, a xeito de dobre espelho.

Antes de entrar nun destes que chaman cines, xa perdéramos toda a esperanza: o 3-D ha ser convincente só o día que conquira a inversión de A rosa púrpura do Cairo, de Woody Allen, e o espectador invada a dimensión dos actores.

Inescusavelmente o cinema e todas as artes non consisten nunha imitación da realidade.

É a criación doutra realidade.

Xa nos esqueciamos: gostamos muito durante toda a proxeción dos subtítulos, e non do dobraxe, en portugués.

Así fora sempre en todas as linguas.

CAVERNA: Estrea mundial de “Gravidade”, unha odisea do espazo 2013 en 3-D
Comentarios