Derrubar “a ponte” para que todos os días sexan das Letras Galegas, as únicas nosas

wallpaper Letras Galegas © Eze_opt
Día das Letras Galegas.

Canto aos “puntuais” Días das Letras Galegas, xa nos tarda que se abran a “toda unha obra”, sen agardar á morte dos autores.

Derrubar “a ponte” para que todos os días sexan das Letras Galegas, as únicas nosas

Autor de numerosos poemarios de sona, este fillo da Terra Cha pareceume sempre –mesmo na súa figura elegante e doce- a encarnación do Poeta segundo os cánones convencionais.

O mellor xeito de lle render homenaxe é, no seu caso e mais en todos, lelo, relelo e voltar a oler, a desbotar as tentaciónns do “compromiso”, que tamén a el o tentou, se ben axiña separou a intuitiva dimensión criadora da poesía e o seu permanente ideario nacionalista.

Canto aos “puntuais” Días das Letras Galegas, xa nos tarda que se abran a “toda unha obra”, sen agardar á morte dos autores.

Asemade cómpre esculcar  as propostas libres, voluntarias e anónimas dos galegofalantes, na oportunidade de encher as “redes” de peixinhos e non só de peixes grandes.

E que dicir da doblez, que non cola, das primeiras páxinas dos xornais en galego por un día?

Nen un Día sen Letras Galegas.

       

Derrubar “a ponte” para que todos os días sexan das Letras Galegas, as únicas nosas
Comentarios