Os derradeiros ananos a ombros de xigantes preparámonos para pasar a testemunha

Blanco Amor.
Blanco Amor.

Estamos moi perto do momento da carreira de relevos xeracionais. Somos xa case ningún os aínda non mortos que conhecemos, tratamos e aprendemos, ananos a ombros de xigantes.

Os derradeiros ananos a ombros de xigantes preparámonos para pasar a testemunha

Estamos moi perto do momento da carreira de relevos xeracionais. Somos xa case ningún os aínda non mortos que conhecemos, tratamos e aprendemos, ananos a ombros de xigantes.

Dicímolo porque neste, como en tantos outros, cúmprense cabodanos ben significativos, quer de nacimentos ou pasamentos, quer de publicazós de obras sen caducidade.

Neste 14, por exemplo, hai 35 que morreu Eduardo Blanco Amor, sen dúbida o autor do melhor romance da historia da literatura galega, xunto con O porco de pé, e poucos mais. Na nosa escrita salienta a poesía, mas baixa na narrativa, digan o que queiran os voceiros dun patriotismo mal entendido.

Tamén este ano fará 80 da saída do prelo dun libro singular, tanto polo texto –arredor da esmorecente República de Weimar– como polo maxistral texto e maravilhosos desenhos de Vicente Risco. Na Fundación estamos a nos esforzar para conmemorar esta edición príncipe, moito mais do que un libro de viaxes.

Canto a Eduardo, Luís González Tosar, desde o Pen Club, está a botar o resto para manter viva a chama de Blanco Amor, o noso común amigo.

Doutra banda comezou a “cámara – aczon*  dunha versión galega de A Esmorga, confiamos que con melhor resultado do que a desfeita de La Parranda.

Co mesmo motivo prepara un documental un-ha conhecida productora independente. Dous xovens representantas visítannos para inquirir os nosos recordos do EBA, moitos e todos inestimabeis. Durante case os últimos 20 anos da vida daquel o asinante desta coluna beneficiouse da amizade e do maxisterio do Eduardo, o xenuino Biobardo que facía o milagre de encher o fardel efémero da realidade coas suas luminosas criaturas.

Ben están todos estes empenhos, mas o importante non é esa obriga senón a constatazón de que hai considerabeis mozos que escolhen ser testemunhas indirectas do que cronolóxicamente non puideron viver.

Que non morra a carreira.

           

Comentarios