Alfonso R. Castelao, un republicano nacionalista no Reino de Galicia

Alfonso R. Castelao.
Alfonso R. Castelao.

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao foi e é unha bandeira para Galicia. Sempre Galiza, para sempre Castelao. A terra na que el viviu e morreu con ela sempre no corazón.

Alfonso R. Castelao, un republicano nacionalista no Reino de Galicia

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao foi e é unha bandeira para Galicia. Sempre Galiza, para sempre Castelao. A terra na que el viviu e morreu con ela sempre no corazón.

Fixen o texto en galego polo meu amor e respeto a Castelao -Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao- e por amor a nosa lingua, pido perdón polas faltas gramaticais que poden darse, xa que eu non son galegofalante. Desde aquí o meu apoio sincero a todos a usar os debuxos ou caricaturas como unha forma de expresión, para criticar a política, a relixión e outros problemas sociais. Podo estar máis ou menos dacordo con algunhas caricaturas, e as hai que non me gustan nada, pero que este xeito de expresarnos non nos falte nunca, e temos que loitar por el. 

Non imos estar en silencio despois do terror que aconteceu en París e iso levou a varias mortes en mans duns fanáticos. A liberdade é o que o mundo precisa. Agora a partir de aquí e tomando como punto de partida esta nova, de máxima actualidade, eu vou falar sobre un dos maiores caricaturistas da nosa terra galega: Manuel Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O 7 de xaneiro fixo 65 anos da súa morte, el morreu no exilio en Bos Aires. (Rianxo, 30 de xaneiro de 1886- Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950).

Era un home multifacético, un gran intelectual, foi un gran novelista, pintor e político. Un gran loitador e traballador incansable, que realizou parte dos seus debuxos con unha gran pérdida de visión, tendo que precisar lupas de aumento para poder debuxar. É un dos pais do nacionalismo galego, con un gran amor por Galicia e a súa lingua, así como un compromiso social que mantuvo o longo da súa vida. 

Estudou medicina polo pai, el sempre dicía "Fíxenme médico por amor o meu Pai, non exerzo a profesión por amor a Humanidade"; profesión que só exerceu dous anos. Durante o exilio de Franco, en Bos Aires, en 1944, publicou Sempre en Galiza, a Galicia chegou de manera clandestina, é agora está editada por Galaxia. Un texto escrito en cidades diferentes ao longo de varios anos. É o gran texto do nacionalismo galego.

"Os cataláns, galegos e vascos serían antiespañois si quiseran impoñer a súa forma de falar coa xente de Castela; pero son patriotas cando aman a súa lingua e non aceptan cambiar isto. Entendemos que un galego, vasco ou catalán que non quere ser español se le chame separatista, pero gustaríame saber como debe ser chamado un galego  que non quere ser galego, un vasco que non quere ser vasco, un catalán que non quere ser catalán. Estou seguro de que, en Castela, estes compatriotas serán chamados de "bos españois", "patriotas modelo", cando en realidade son traidores a si mesmos e á terra que lles deu o ser. Eses discípulos son separatistas".

Os seus debuxos son marabillosos, con textos sublimes. Eles nos ensinan dende a  Galicia rural, o despotismo de Galicia, as persoas que sofren a opresión, cunha visión moi crítica e chea de humor, para abrir os ollos á realidade, que despois de tantos anos (case un centenar), por desgraza pouca cousa cambiou.

No álbum Nos (1931) recolleu debuxos feitos entre 1916 e 1918. É un libro que todos os galegos deberían ter na casa, na miña opinión. Aquí, o texto de Castelao sobre Nos : "Este álbum de dibuxos foi composto antr´os anos dezaseis e dezaoito, cando Galiza s´esperguizaba d´un longo sono. Con este medio cento de dibuxos intentei desacougar a todol-os licenciados da Universidade (amas de cría do caciquismo), a todol-os homes que vivían do favor oficial… As intencións eran nobles e o pesimismo aparente. Certo que a tristura d´estes dibuxos queima com´a raxeira do sol que pasa por unha lupa; mais eu non quixen cantal-a ledicia das nosas festas, nin a fartura dos casamentos, sinón as tremendas angurias do decotío labrego e mariñeiro. Algúns espíritos sensibles que choran co-a melanconía dos tangos e dos fados, atoparon desmedida esta door das miñas estampas; outros espíritos inertes ollaron pouco patriotismo no afán de ser verdadeiro. Con todo, eu sigo coidando que o pesimismo pode ser libertador cando desperta carraxes e cobizas d´unha vida máis limpa. Cicáis hoxe atácase as nosas mágoas c´un humor menos acedo; mais ninguén pode negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahi porqué me arrisco a publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e sirven de pretesto para “conferencias” que influiron no actual rexurdimento da galeguidade. E co-as chatas que ten eu gárdolle lei e quero espoñela de novo ô xuicio de todos."

O que me sorprende é que a memoria de Castelao non se reflexe na súa casa en Rianxo, tornándose nun museo. Un home coma el defendendo Galicia en todo o mundo, con un gran amor pola súa terra ea súa lingua é incomprensible que aínda non a teña, para dar a coñecer o seu traballo e así podelo difundir.  Eu sigo esperando a que faganlle esta homenaxe, e poder ver un día este gran proxecto, que din que en breve se tornará en realidade. Castelao foi e é unha bandeira para Galicia. Sempre Galiza, para sempre Castelao. A terra en que el viviu e morreu con ela sempre no corazón.

Comentarios