Cando fai un ano do caso Asunta, séguese pendente da data do xuízo

Asunta Basterra Porto
Asunta Basterra Porto.

O avogado de Rosario asegura que foi ela mesma quen lle pediu que xestionara a publicación da esquela. Tamén explica que é moi difícil falar con ela porque non para de chorar.

Cando fai un ano do caso Asunta, séguese pendente da data do xuízo

O avogado de Rosario asegura que foi ela mesma quen lle pediu que xestionara a publicación da esquela. Tamén explica que é moi difícil falar con ela porque non para de chorar.

A apertura do xuízo oral do caso Asunta debe ser inminente, debido a que seus pais están na cadea imputados polo crime. Hai moita expectación por saber cando se celebrará o xuízo, sobre todo agora que fai un ano da morte de Asunta. Un recordatorio ao que se sumou Rosario Porto que publicou unha esquela de cabodano en dous xornais galegos. Unha esquela na que a nena figura co seu apelido orixinal e non cos dos pais adoptivos, salianta a TVG.

O avogado de Rosario Porto asegura que foi ela mesma quen lle pediu que xestionara a publicación da esquela. Tamén explica que é moi difícil falar con ela porque non para de chorar.

Tanto ela como Alfonso Basterra esperan en Teixeiro a data do xuízo. A fiscalía pide para eles 18 anos de cadea. Mentres que a acusación popular solicita a pena máxima, 20 anos de prisión.

 

Comentarios