A desastrosa situación do casco histórico lucense fai saltar as alarmas entre a poboación

O máis destacado da cidade, a muralla lucense, está aberta ao público e consérvase en perfectas condicións. Porén, non todos os monumentos en Lugo son tan coidados. Queda moito por facer.
A desastrosa situación do casco histórico lucense fai saltar as alarmas entre a poboación

Lugo é unha cidade especial polas numerosas cousas entrañábels que posúe. Pese a ser pouco coñecida no panorama español, esta cidade é un dos sitios favoritos de festa (para a xuventude ) e de descanso e ocio (para a senectude). Ademáis tamén destaca pola súa boa comida e a amabilidade dos paisanos da urbe.

Pero se por algo e famosa a cidade é polos seus numerosos restos da antiga civilización romana de Lucus Augusti, Conta con monumentos como a Ponte Romana, o Balneario, que foi construído a partires dunhas termas romanas, numerosos obxetos do museo provincial (entre o que tamén se atopan obxetos celtas)  e o máis destacado, a muralla lucense, que está aberta ao público e conservada en perfectas condicións.

Porén, non todos os monumentos en Lugo son tan coidados. O casco vello da cidade antiga está en pésimas condicións. Pese as queixas veciñais polo deterioro das antigas casas do interior da muralla, nunca se fixo nada dende as institucións para mellorar a situación. Nestas rúas é frecuente atopar graffitis nas paredes, negocios de venda de alcohol e prostitución. O máis curioso destas rúas estreitas e que se conservan tal cal como estaban nos séculos XIX e XX. Se se adicaran fondos a amañar a zona sería un bo reclamo para que os turistas foran visitar a cidade que, ao  parecer de moitos, é unha das máis fermosas da Galiza.

Mentres que non exista unha conciencia social sobre a importancia de conservar os restos das antigas civilizacións para protexer o patrimonio da cidade, os cascos  históricos seguiranse a perder pola deixadez dos responsabels do asunto.

Comentarios