Xosé Manuel Beiras, de AGE, chama a unha ordenada rebelión cidadá

Xosé Manuel Beiras. / Tvg
Xosé Manuel Beiras. / Tvg

Arredor das súas ausencias no Parlamento, afirma que o regulamento interno impide unha verdadeira interpelación ó presidente da Xunta.

Xosé Manuel Beiras, de AGE, chama a unha ordenada rebelión cidadá

Arredor das súas ausencias no Parlamento de Galicia, o histórico deputado afirma que o regulamento interno da Cámara impide unha verdadeira interpelación ó presidente da Xunta. 

 

O voceiro parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, participou nos almorzos On/Off do CPXG. No turno de preguntas chamou á cidadanía a participar nas eleccións europeas e a rebelarse para defender os seus dereitos fronte a, por exemplo, grandes compañías.

Arredor das cifras do paro rexistrado publicadas este martes, o tamén líder de Anova asegura que carece de importancia se vale máis ese dato ou o que ofrece a Enquisa de Poboación Activa. Afirma Beiras que a situación ó sair á rúa é "evidente e monstruosa".

Arredor das súas ausencias das sesións de control ó Goberno no Parlamento de Galicia, o histórico deputado afirma que o regulamento interno da Cámara impide unha verdadeira interpelación ó presidente da Xunta. Criticou o procedemento polo que deben formularse as preguntas con antelación por escrito "para que poida disponer de oito días para saber que se lle pregunta". Lembra ademais que a función de preguntar se limita ós portavoces mentres que noutros parlamentos poden intervir todos os deputados.

Xosé Manuel Beiras foi o invitado nos Almorzos On/Off do Colexio de Xornalistas de Galicia deste mes de maio. Os almorzos On/Off lévanse realizando desde febreiro de 2005, organizados polo CPXG en varias das súas demarcacións, e na Coruña celébranse unha vez ao mes. Nestes encontros cos xornalistas, que pretenden fomentar o diálogo e a análise da actualidade cos seus protagonistas, teñen estado persoeiros como Ignacio Ramonet, Alberto Núñez Feijoo, Anxo Quintana, Pachi Vázquez ou José Blanco.

O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.

Comentarios