¿Situará Xavier Vence ao BNG 'á fronte dos conflitos' como lle pide Galiza Nova?

Xavier Vence, portavoz nacional del BNG.
Xavier Vence, portavoz nacional do BNG.

O líder das mocidades nacionalistas, Alberte Mera, define a súa organización como “independentista pero non terrorista como lle gustaría ao PP” e cre que o éxito de Podemos débese á “novidade”.

¿Situará Xavier Vence ao BNG 'á fronte dos conflitos' como lle pide Galiza Nova?

O líder das mocidades nacionalistas, Alberte Mera, define a súa organización como “independentista pero non terrorista como lle gustaría ao PP” e cre que o éxito de Podemos débese á “novidade”. 

 

Nunha entrevista que recolle o xornal Sermos Galiza, o líder das mocidades do BNG, Alberte Mera, ao ser preguntado se comparte as manifestacións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, apelando a máis contundencia na dirección do BNG, defende que esta formación xa a ten, pero admite que "fai falta ser máis contundentes aínda". ¿Situará Xavier Vence ao BNG 'á fronte dos conflitos' como lle pide Galiza Nova?

Sobre a perda de apoios do BNG nas eleccións, Mera admite "erros e acertos" nesta formación, pero insiste en que os comicios "son conxunturais e varían dunhas eleccións a outras”. "Prefiro quedar coas 20.000 persoas, moitas menores de 20 anos, que abarrotaron a Praza da Quintana polo Día da Patria. Máis que falar de cousas negativas, hai que estar á fronte dos conflitos", proclamou.

Alberte Mera, que reivindica unha Galicia "independente" e unha "República galega", se pronuncia tamén sobre os intentos de vincular esta formación con organizacións como Resistencia Galega. "Non é novo que pretendan criminalizar o nacionalismo". "Somos independentistas, non terroristas por moito que lles gustaría", remarca Mera en alusión ao PP. Ao fío diso, afirma que "cada vez hai máis un Estado fascista e iso é o verdadeiro terrorismo".

De cara ás eleccións municipais, Alberte Mera aposta, para captar o apoio d@s moz@s, "por convencer á xente de que o nacionalismo é necesario para Galiza" e resta importancia aos efectos que poida ter no BNG a presenza de AGE ou a aparición de Podemos. Dos primeiros, asegura que "son outros -en alusión aos ex-militantes do BNG- os que prefiren ir con forzas que seguen as ordes de Madrid", engade sobre as coalicións con Esquerda Unida. En canto a Podemos, atribúe o seu éxito electoral á "novidade".

Comentarios