Será o 25 de xullo a data de unión do nacionalismo para un novo tempo político?

1-25_07_2011_patria
O 25 de xullo exaltará de novo o sentimento nacionalista. / Mundiario

O nacionalismo tende pontes para celebrar un Día da Patria unido, estimulado por plataformas cidadás e que sirva de punto de inflexión para recuperar o terreo electoral cedido.

Será o 25 de xullo a data de unión do nacionalismo para un novo tempo político?

O nacionalismo tende pontes para celebrar un Día da Patria unido, estimulado por plataformas cidadás e que sirva de punto de inflexión para recuperar o terreo electoral cedido.

Os resultados das eleccións ao parlamento europeo foron un aviso; os das municipais e autonómicas, a confirmación de que algo mudou. Resulta que un dos efectos (inesperados) da crise vai ser que os partidos fan autocrítica e reaccionan ás demandas da sociedade e aos estados de opinión. Agora, todos queren “conectar coa cidadanía”, auténtica clave de bóveda dos novos tempos que os leva a “pisar a rúa” para escoitar os votantes e “aplicar unha nova política e unha nova forma de gobernar”. Iso sí, os cables utilizados para esa conexión son distintos. O PP argumenta que a recuperación económica permite aprobar medidas sociais e que, tralos sufrimentos, veñen dicir, toca recuperar certas alegrías. O PSOE anda na procura de estratexia e discurso con bandeiras españolas e perigosos compañeiros de pacto. Podemos intenta construir unha estructura territorial para ancorar o partido en todas as comunidades. E o BNG… o BNG o que busca é non desconectar coa sociedade…

Tempos de unión nacionalista?

Algo se move no nacionalismo galego. Quedan menos de tres semanas para o Día da Patria e son moitos os que avogan pola unidade para recuperar o antigo esplendor do 25 de Xullo para selar as diferenzas que provocaron a ruptura do BNG na Asemblea de Amio de xaneiro de 2012. Esa estratexia leva tempo cocéndose a lume lento, con conversas a múltiples bandas e cos ingredientes que esixen os novos tempos. Ningún partido capitalizará o movemento. Emanará da sociedade en forma de plural plataforma cidadá con representantes de distintos sectores non moi vinculados ao nacionalismo. Parten de que o vector nacionalista segue tendo vixencia e forza no electorado galego pero que na actualidade amósase aletargado. Segundo a súa folla de ruta, habería que axitalo para que se manifestara electoralmente… e unido. “Volverán os tiempos do sorpasso ao PSdeG!!”, parecen soñar uns. “O tempora... O mores!!”, citan os máis nostálxicos….

Retroceso municipal aos anos 90

Resultados do BNG nas últimas sete eleccións municipais

Municipales

A nivel municipal, o Bloque perdeu 135.866 votos respecto aos comicios de 2003. Baixou dos 325.331 sufraxios (19,41% do total) aos 189.465 de 2015 (12,87%) e sitúase a niveis de fai 20 anos. A caída contrasta cun par de fenómenos curiosos. Dun lado, o BNG reforza as súas maiorías en concellos como Carballo, Pontevedra ou Zas pero non da coa fórmula para extrapolar esa tendencia a outros niveis. ¿É un problema de pragmatismo, de teoría ou de que nesas zonas os cidadáns son máis nacionalistas que noutras? Doutro, a experiencia dos últimos anos demostra que o PSdeG rentabiliza mellor os pactos co BNG nos gobernos locais. O caso de Vigo é, neste sentido, paradigmático, polo que xa hai voces dentro do partido que comezan a por en cuestión ditos acordos.

250.000 votos perdidos en catro autonómicas

Resultados do BNG nas Elecciones Autonómicas (1981-2012). Escanos e votos obtidos

Autonómicas

A nivel autonómico, o punto de inflexión foi 1997. O ano do sorpasso. Beiras conseguiu 18 escanos no  Hórreo e desbancou como segundo partido ao PSdeG. Daquela, o candidato socialista era Abel Caballero, ironías do destino, o varón máis reforzado nos últimos tempos. O BNG coronou con Beiras un decenio de crecemento electoral e iniciou sen el unha caída sen freos que o levou a perder 250.000 votos e 11 deputados en 15 anos. O enfermo corre risco de desangrarse por una ferida que, como no caso das municipais, pode infectarse máis pola aparición de Mareas e outras siglas que compiten polo mesmo electorado.

Resultados estables nas xerais

Resultados do BNG nas Elecciones Xerais (1986-2011). Porcentaxe de voto y número de escanos

Xerais

O BNG encadea máis dun decenio de retroceso electoral en todos os niveis pero, curiosamente, esa tendencia maniféstase máis na propia “casa” que “fóra”. Nas últimas tres eleccións xerais conseguiu sentar dous  deputados no Congreso e a porcentaxe de voto en Galicia foi moi semellante: o 11%. O Bloque teme que esta estabilidade poda romperse nos comicios deste ano e que o argumento de que “son a opción que mellor garante a defensa dos intereses galegos en Madrid” non abonde.

O escenario político mudou. A fragmentación electoral amosou os seus efectos nas municipais de maio e o BNG tomou nota. A unión do sentimiento nacionalista na próxima manifestación do 25 de Xullo podería ser o primeiro paso para un nacionalismo político máis unido. A recente visita de Pablo Iglesias a Galicia deixou una boa pista. Buscaba fortalecer estructuralmente a marca Podemos pero a resposta de Vence, Beiras ou as Mareas foi semellante: non serán actores secundarios na súa candidatura. Será o próximo 25 de Xullo unha refundación do nacionalismo?

Comentarios