Prestixio institucional

Feijoo aplaude a la Valedora do Pobo, Milagros Otero, en su toma de posesión. / Mundiario
Feijóo e a Valedora do Pobo, Milagros Otero. / Mundiario

O caso é que a institución de Valedora do Pobo quedou totalmente tocada, enluxada, suxeita de sospeita, co que o padecemento non é persoal da Sra. Valedora, senón do uso e goberno que se fixo dunha institución nada para defender, mesmo diante dos que ostentan o goberno, dos direitos dos administrados.

Discutiuse hai uns días en se parlamentar a cualidade da actuación da Valedora do Pobo no relativo ao funcionamento administrativo da institución que dirixe. Dado que a leitura dos feitos constitutivos de debate proceden dunha sentenza xudicial do alto tribunal TSXG, non había moita posibilidade de relato separado da propia sentenza. Díxose, e sempre dentro da textualidade da sentenza, que na mesma non foi xulgada a Sra Valedora, cousa totalmente acertada, á par de evidente (de non ser así nen habería lugar a debate) e, resultou, logo dunha votación, que a maioría parlamentar do partido do goberno, salvou temporalmente o encargo institucional, namentras non se pronuncie o Tribunal Supremo. Pódese mesmo opinar, que pouco apoio siñifica a resolución adoptada xa que, adiar a resolución do debate parlamentar en espera dunha sentenza superior non cambiará en absoluto (por mor do seu propio rol de Alto Tribunal) a cualificación dos feitos. E, pódese tamén argumentar que  da sentenza e máis das probas aportadas no Parlamento Galego , queda posto de manifesto que a responsábel da Institución Valedor, interveu no proceso de designación dunha candidata á promoción interna, polo que, non hai moito máis que falar. Hai algunhas cuestións na vida, nas que a lóxica binaria funciona perfectamente: ou se intervén ou non se intervén. Non se pode estar preñada a medias. Os tons grises aquí non valen, ou é branco ou é negro, e, neste caso, houbo intervención.

O caso é que a institución de Valedora do Pobo quedou totalmente tocada, enluxada, suxeita de sospeita, co que o padecemento non é persoal da Sra. Valedora, senón do uso e goberno que se fixo dunha institución nada para defender, mesmo diante dos que ostentan o goberno, dos direitos dos administrados. As relacións dos cidadáns co goberno pasan a maioría das veces pola intermediación da administración pública cuxos últimos responsábeis son os gobernantes pero a posibilidade de defensa dos administrados fóra dos xulgados atopa amparo na Institución do Valedor do Pobo como vixía e salvagarda dos direitos dos cidadáns na súa relación coa administración pública, en busca e persecución do cumprimento da lei e da súa aplicación correcta. Mesmo  nos casos en que nen sequera hai atención para os casos de necesidades non cubertas, a institución do Valedor, contempla o seu funcionamento como promotora de iniciativas favorecedoras de accións gobernamentais acaídas. Gobernar, e no caso que nos ocupa, dirixir a maioría parlamentar cun criterio de combate, non axuda nada, non colabora á necesaria pedagoxía política que desde a dirección das institucións democráticas se poida esperar, e no noso caso, mesmo desexar ardorosamente. As razóns desta necesidade son abundantes pero seguramente chega  con unha: os cidadáns teñen unha terríbel tendencia a aprender conductas copiando, reproducindo, o exemplo dos responsábeis de goberno no cumprimento das leis e toda canta norma, mesmo administrativa, emane daquelas. Que clase de esixencia social, de firmeza democrática, se pode esperar de quen, sen dar exemplo, máis ben ao contrario, verbaliza de maneira abusiva que a lei é a lei e hai que cumprila?. @mundiario

Comentarios