Preocupación no Partido Popular ante a crecente desafección polas súas medidas

Mariano Rajoy, presidente del Gobierno español.
Mariano Rajoy.

Os movementos cidadáns collidos con pinzas, e as "mareas" nas que semella valer calquera cousa, son armas que utilizarán os gurús dos populares para desprestixiar as necesarias alternativas.

Preocupación no Partido Popular ante a crecente desafección polas súas medidas

Os movementos cidadáns collidos con pinzas, e as "mareas" nas que semella valer calquera cousa, son armas de destrucción masiva que utilizarán os gurús dos populares para desprestixiar as necesarias alternativas.

 

Un dos problemas cotiás, dos que se adican á política, é submerxirse nunha burbulla de irrealidade, ao marxe do que está a pasar na rúa.

Nun ambente claramente xa, no que as distintas forzas toman posicións no taboleiro político ante as eleccións municipais, resulta curioso observar erros recurenten por parte dos aspirantes, e a manipulación interesada dos que utilizan os mecanismos de poder no seu propio interese.

A evidente preocupación do Partido Popular ante a crecente desafección polas súas medidas frías e calculadas, que remataron pagando precisamente os que non provocaron a crise, fai que non teñan o máis mínimo reparo en facer unha reforma electoral ad hoc, na que se vexan beneficiados, pasando dramaticamente por riba de calquera ética política, abrindo caixas de Pandora nas que so eles teñen a chave.

Claro que, os que se opoñen a este xogo sucio, cometen novamente erros, que transmiten á sociedade a imaxe preocupante da ausencia de alternativa, cando o que é evidente é que esta si existe. Os movementos cidadáns collidos con pinzas, e as "mareas" nas que semella valer calquera cousa, son armas de destrucción masiva que utilizarán os gurús dos populares para desprestixiar as necesarias alternativas.

So dende a racionalidade programática, a xenerosidade, e cun programa cos pés no chan ante a realidade que se vive en moitos Concellos galegos, será posible o obxectivo final. Mentres os de sempre antepoñan aos seus egos, e o seu minifundismo existencial, antes que o interese desta terra, seguiremos laiándonos en reunións de grupúsculos reducidos, polo que puido ser e non foi, ou polo que deberíamos ser, e as nosas miserias non deixaron. E claro, algúns negámonos a subir nese barco do despropósito que vai a velocidade inusitada cara os cantís da irrelevancia.

Ou non?

 

 

Comentarios