Partido Comunista: “Exhumar a Franco é un paso importante pero tardío”

Enrique Santiago, o secretario xeral do Partido Comunista en España. / CRTVG
Enrique Santiago, o secretario xeral do Partido Comunista en España. / CRTVG

Enrique Santiago, o secretario xeral, fixo un repaso pola actualidade da esquerda española, afirmando que “a creación de Podemos é unha grandísima noticia para a esquerda deste país”.

Partido Comunista: “Exhumar a Franco é un paso importante pero tardío”

Enrique Santiago, o secretario xeral do Partido Comunista en España, foi entrevistado no Bos Días da Televisión de Galicia. Durante a conversa con Marcos Sueiro falou da realidade do seu partido e dos retos que afronta no futuro.

Santiago salientou que o labor do Partido Comunista na actualidade é “garantir a defensa dos dereitos constitucionais pese aos recortes de dereitos económicos e sociais”. Ademais, engadiu que o seu obxectivo é “contribuír a un goberno alternativo que asegure que nunca se apliquen políticas neoliberais”.

O secretario xeral defendeu o papel do Partido Comunista durante a ditadura: “Foi a única forza que combateu a ditadura e loitou pola democracia”. Sobre a exhumación do corpo de Franco, Santiago afirmou que “é un paso importante pero moi tardío, ter un parque temático do fascismo é inédito en Europa”.

Durante a entrevista, Enrique Santiago fixo un repaso pola actualidade da esquerda española, afirmando que “a creación de Podemos é unha grandísima noticia para a esquerda deste país”. En canto ao PSOE, manifestou que “a relación é boa en tanto que non prioricen os intereses dos grandes grupos económicos. Así mesmo, manifestou que “non é o non e coherente que un partido socialista tome decisións neoliberais”.

O secretario xeral do PC afirmou que defenden “un modelo de estado federal nun marco plurinacional”. Puxo como exemplo a Alemaña ou os Estados Unidos e afirmou que “é a evolución natural do Estado”. Para rematar, criticou a venda de armas a Arabia Saudita afirmando que “non se pode vender armas a un país que non cumpre os dereitos humanos”. @galiciamundiari

Comentarios