"Hai que loitar contra os agresores da democracia e da liberdade", di García Seoane

IMG_0528
Placa dedicada a José Couso, descuberta polo seu irmán David Couso.

David Couso asegura que a asociación que representa seguirá loitando ata que se faga xustiza e os asasinos do seu irmán José Couso sexan xulgados. 

"Hai que loitar contra os agresores da democracia e da liberdade", di García Seoane

David Couso asegura que a asociación que representa seguirá loitando ata que se faga xustiza e os asasinos do seu irmán José Couso sexan xulgados. 

O pobo de Oleiros (A Coruña) reinvindicou este venres a memoria de José Couso nun acto multitudinario no que se lle otorgou oficialmente o seu nome ao parque público da Rúa Cubelos. Foron moitos e moitas os que decidiron participar nesta homenaxe ao cámara ferrolán asasinado polo exército dos Estados Unidos na guerra de Iraq, en abril do 2003, segundo informa o Concello de Oleiros. Na súa intervención, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reclamou xustiza para o crime de José Couso e denunciou que os cambios lexislativos introducidos polos gobernos de José Luis Rodríguez Zapatero e de Mariano Rajoy impiden xulgar este asesinato. Con este parque preténdese “manter viva a memoria desta persoa de xeito permanente”, dixo tamén Ángel García Seoane. “Sempre fomos un Concello solidario e queremos que toda a cidadanía se mentalice de que hai que loitar contra os agresores da democracia e da liberdade”, declarou.

David Couso, irmán do asasinado e voceiro da Asociación de Amigos, Hermanos y Familiares de José Couso, agradeceu ao Concello de Oleiros a súa iniciativa. “É un placer estar en Oleiros, a carón dun pobo valente, lembrando a José”, dixo. Ademais, asegurou que a asociación que representa seguirá loitando ata que se faga xustiza e os asasinos do seu irmán sexan xulgados. O acto rematou coa actuación do cantautor argentino Rafael Amor, que durante unha hora deleitou a todos os asistentes coa súa música e co seu fantástico humor.

Comentarios