O terror que reflicte Saramago nunha novela, presente en todos os sistemas democráticos

Sonos e urnas
Sonos e urnas
"En cada estado se disputa unha batalla por conservar o tipo de democracia aínda que sexa mediante comportamentos pouco éticos ou claramente antidemocráticos", comenta este analista.
O terror que reflicte Saramago nunha novela, presente en todos os sistemas democráticos

Na súa novela ‘Ensaio sobre a lucidez’ José Samarago nos presenta a seguinte situación: nunhas eleccións, o profundo desacordo da xente lles leva a votar a todos en branco. A elección dos electores é non elixir.  Ante esta inesperada situación os poderes instituídos reaccionan con desconcerto e firme oposición.

Sen embargo, aos candidatos pouco lles importa que a transgresión das normas do sistema acabe co sistema, senón que o que lles preocupa é que esa transgresión supoña o fin da súa posición de poder e privilexio no sistema. Non importa o sistema democrático en si, senón a súa posición dentro del a través da conservación do status quo vixente.

Para aclarar isto temos que ter presente unha cousa: dentro da teoría política democrática son posibles moitos tipos distintos de democracia. De feito, en España como en outras moitas democracias avanzadas hai intensos debates sobre a posibilidade de cambiar os modelos da democracia, sen deixar de ser democráticos.

Con todo, a oposición na novela de Saramago non é a que se acabe a democracia, senón a que cambie o tipo de democracia: se cambian as regras dese tipo de democracia poden acabar tamén os privilexios e os poderes e as vantaxes de quen controlan esas institucións dese tipo de democracia.

O terror que reflicte Saramago nesta novela está presente en todos os sistemas políticos democráticos, independentemente da súa escala ou das regras particulares que o determinen. Por iso, segundo este terror reflicte: todo sistema democrático depende de que o elector elixa, pero non só de que elixa unha opción calquera, senón de que esa opción debe garantir o status quo material do tipo de democracia tal como está construído (e protexido) dende o poder institucional.

¿Onde queda entón a liberdade do elector se, entre todas as opcións posibles que a teoría democrática lle dá, só se pode limitar a escoller entre aquelas que reproducen o tipo de democracia actualmente en curso? Esta paradoxo fai que, entre cada vez máis grupos sociais, os sistemas políticos se perciban (e quizais sexan) como pseudodemocracias.

Cando a elección libre do elector é non elixir, co voto en branco ou a abstención ou o voto a opcións defensoras doutro tipo de democracia, o discurso do poder institucional fai bandeira dese terror denominando a outros tipos posibles de democracia -e seguimos co paradoxo- como tiranías ou totalitarismos. Os enunciados discursivos do dispositivo institucional son variados: non votar é ser antidemócrata, votar por outro modelo de democracia é ser antidemócrata, mesmo reivindicar normas democráticas presentes noutros tipos de democracia resulta ser antidemócrata –pois todos estes comportamentos axudan a transformar o status quo en curso do tipo de democracia onde ten lugar a elección.

En cada estado se disputa unha batalla por conservar o tipo de democracia aínda que sexa mediante comportamentos pouco éticos ou claramente antidemocráticos.

Un exemplo será suficiente. Mentres en España se optou en 2011 por unha reforma express da Constitución para introducir unha política de control da débeda pública, en Islandia se puxo en marcha un amplo proceso de proposta e debate público para mellorar o texto constitucional. Ambos os dous países son democracias consolidadas, mesmo a islandesa é máis antiga ca española, pero cando se propuña un proceso constitucional similar ao islandés en España os pelos se puñan de punta. ¿Porqué?

O terror pseudodemocrático estaba en marcha con todo o seu poder.

Comentarios