O marco lexislativo centralista impide o bó funcionamento dos concellos de Galicia

Casa consistorial de Oza dos Ríos, en A Coruña.
Casa consistorial de Oza dos Ríos, en A Coruña.

A mentalidade política que manda en Madrid tende ver a uniformización e a centralización  como elementos positivos. As estradas e os camiños de ferro deseñáronse dende e para Madrid.

O marco lexislativo centralista impide o bó funcionamento dos concellos de Galicia

A mentalidade política que manda en Madrid tende ver a uniformización e a centralización  como elementos positivos. As estradas e os camiños de ferro deseñáronse dende e para Madrid.

A Constitución e o Estatuto dividiron as competencias en réime local entre o Poder estatal (as bases) e o Poder autonómico (o desenvolvemento lexislativo). O Estado regulou as bases de xeito extensivísimo, coa aprobación do Tribunmal Constitucional. Deste xeito, xerouse un marco normativo que inviabilza a autonomía local, infrafinancia os concellos galegos e prexudica o noso benestar. A lóxica esixe a plena competencia do Popder galego nos ámbitos do goberno, da administración e das finanzas dios concellos, como en calquera Estado federal.

A mentalidade política que manda en Madrid tende ver a uniformización e a centralización  como elementos positivos. As estradas e os camiños de ferro deseñáronse dende e para Madrid, desprezando os eixos sinalados polos vellos camiños xacobeos e vías romanas. No que atinxe á administración territorial a Constitución de Cádiz impuxo o “ayuntamiento” castelán de vilas e pobos grandes a “todos los pueblos de la Monarquía”, malia que o poboamento de Galicia non fose o típico castelán e andaluz concentrado, senón espallado en moitos núcleos de poboación.

Esta mentalidade  mantívose despois do franquismo. A Constitución só lle garantiu o Estado as “bases do réxime local” e Galicia asumiu no seu Estatuto todas as competencias de desenvolvemento deste réxime. Mais o Poder estatal ditou unha Lei básica de réxime local que de básica só ten o nome, porque deixou unha marxe practicamente nula a Galicia para poder axeitar este marco ás nosas realidades. E, de paso, comprimiu os nosos concellos nunhas estruturas uniformes que impiden o real exercicio da autonomía local para a mellor prestación dos servizos.

E o Tribunal Constitucional, coma sempre, fixo de árbitro caseiro e consagrou o actual estado lexislativo,  totalmente alleo ás tradicións federais (Alemania, Suiza, USA) que recoñecen a autonomía local e lle outorgan plenas competencias na administración local aos Gobernos territoriais.

As recentes leis de estabilidade orzamentaria e de racionalización dos gobernos locais agravaron esta recentralización uniformadora, tendendo  recurtar a calidade dos servizos. Os concellos  galegos de menos de 20.000 habitantes viven abafados por toda caste de restricións normativas e orzamentarias impostas dende Madrid. E a Xunta non ten competencias para lles restaurar na súa autonomía local, única garantía de boa gobernanza nos concellos.

Velaí a urxencia da atribución ao Poder galego das competencias todas canto ao réxime local, incluídas  as facendas locais. Porque en Galicia, a boa prestación de servizos só é  posíbel dende unha autonomía local real que só pode garantir o autogoberno galego.

Comentarios