Lalín centra o debate arredor duns pactos da Moncloa locais e CXG resposta

Dirixentes de CXG, encabezados por Rafael Cuiña.
Dirixentes de CXG, encabezados por Rafael Cuiña.
"O PGD-Compromiso por Galicia estará á altura das necesidades, sentarémonos a falar o tempo que faga falla para chegar a acordos marco polo ben de Lalín", salienta este dirixente de CXG.
Lalín centra o debate arredor duns pactos da Moncloa locais e CXG resposta

Sen dúbida é un síntoma de intelixencia o facer achegas que soen ben nos oídos da cidadanía, sabendo sen ningún xénero de dúbidas que a quen llas trasladas, non van a poder ser receptivos a elas.

Iso exactamente é o que fixo o Alcalde de Lalín, convocando á oposición a un “goberno de concentración” no que seguramente non cre, mais cuxa necesidade intelixentemente proxecta nun pobo en época de “vacas fracas”, cunha situación cada día máis preocupante no eido económico e social.

Lalín, sen dúbida, vive unha época que moitos nunca pensamos que veríamos; a situación dos comercios, a do agro, e o propio sector empresarial, necesita de novos xeitos de facer as cousas, cando é obvio que as vellas fórmulas non funcionan.

A oposición, por “lealdade” como pide o alcalde do Partido Popular, sen dúbida ten a obriga de arrimar o ombreiro e sentarse a falar das distintas posibilidades para saír desa lama vital na que nos meteron algúns privilexiados, e a día de hoxe pagan con sufrimento os menos culpables, mais non nos enganemos, a responsabilidade ten que ser dun partido ao que os lalinenses lexitimamente votaron en niveis de maioría absoluta.

O PGD-Compromiso por Galicia estará á altura das necesidades, sentarémonos a falar o tempo que faga falla para chegar a acordos marco polo ben de Lalín, mais quede claro que non estaremos no mesmo cesto á hora da repercusión de responsabilidades políticas pola situación actual, porque intentar ocultar que uns gobernantes teñen máis culpabilidade que outros en todo o que está a acontecer, sería de necios.

Polo tanto, se nos convocan, sentarémonos a falar dun plan estratéxico para apoiar ao noso desmantelado comercio, ou para frear as continuas afrontas ao sector agro gandeiro; falaremos as horas que faga falta para dinamizar unha vida cultural lalinense pola que so traballan exemplarmente as asociacións culturais independentes de sempre, e estaremos dispostos a apoiar todas aquelas medidas que axuden as nosas empresas como a rebaixa do prezo da autopista, e o combate contra a negativa do sistema financeiro de acceso ao crédito. Velaí si estaremos, agora ben, non conten con nós para lanzar cortiñas de fume ao xeito de “pactos da Moncloa locais”, porque ao mellor a estratexia do Alcalde pode ter un efecto búmerang, e o que tentaba ser unha medida para poñer nunha difícil situación á oposición, pode pasar a ser vista como un sinal de incapacidade do goberno local ante esta situación, e entón o pobo lalinense pode empezar a darse conta que o que hai ao mellor  xa non vale, e chegou a hora de aire fresco ante tanta incapacidade manifesta.

Ou non?

Lalín centra o debate arredor duns pactos da Moncloa locais e CXG resposta
Comentarios